div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Cos pés na terra’ recibiu o premio Compromiso coa Igualdade no Desenvolvemento Rural

O espazo da Galega foi distinguido na categoría Difusión nos galardóns da Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural (Afammer), entregados este mércores en Ciudad Real

‘Cos pés na terra’ amosa a vida no campo de homes e mulleres que elixen vivir da terra e da vida que a contorna rural lles proporciona

csag.gal 18/12/2025 10:39

Santiago, 18.12.2025.- O programa da Televisión de Galicia ‘Cos pés na terra’ recibiu este mércores en Ciudad Real o premio Compromiso coa Igualdade no Desenvolvemento Rural, na categoría de Difusión. A Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural (Afammer) promove estes premios anuais, cos que recoñecen o liderado feminino, o  emprendemento e a igualdade no medio rural.

      ‘Cos pés na terra’, producido por Filmax, emítese desde hai máis dunha década na TVG, onde amosa homes e mulleres que elixen a vida no campo, e vivir da terra e da vida que esta lles proporciona. Son agricultores, gandeiras, artesáns, comerciantes de madeira, hostaleiras, entre outros, que cren firmemente que hai futuro no campo.

            Pola súa a súa contribución a visibilizar a vida e os proxectos desenvolvidos no rural a través do sector audiovisual, Afammer quixo salientar a traxectoria de ‘Cos pés na terra’, espazo que está dispoñible tamén na plataforma dixital AGalega.gal. O premio foi entregado polo alcalde de Ciudad Real. Recolleuno Susana Martínez de la Riva, xefa de Produción de Filmax.

            Estes premios anuais da Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural salientan o valor do futuro rural, a igualdade e o emprendemento e “serven para visibilizar e poñer en valor as iniciativas que son máis necesarias na contorna rural", incidindo na importancia de apoiar proxectos liderados por mulleres para combater a despoboación e xerar oportunidades.

            Neste 2025, ‘Cos pés na terra’ foi distinguido na antesala dos Premios Mestre Mateo cun premio especial ao impulso da sostibilidade polos seus máis de 200 programas divulgando a riqueza da vida rural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade