'Cos pés na terra' visita esta semana a granxa de alpacas dun matrimonio británico asentado en Vilalba - CSAG
'Cos pés na terra' visita esta semana a granxa de alpacas dun matrimonio británico asentado en Vilalba
O programa (22:00 h) tamén amosará o proxecto de horta dun pai e unha filla e acompañará unha peiteadora que vai polas aldeas para atender a xente na súa casa

Santiago, 29.3.2026.- O programa ‘Cos Pés na Terra’ terá hoxe como protagonistas uns animais ben curiosos: as alpacas, concretamente, as da granxa de Lauren e Tony, matrimonio chegado de Londres para asentarse en Vilalba con estes animais que tanto queren.
O espazo da TVG tamén ten este domingo unha cita con Fernando e Mara, pai e filla, que, despois de vivir en Alemaña, decidiron volver ás súas raíces e emprender un proxecto de horta ao que non lle falta de nada, tampouco unhas galiñas ben poñedoras.
Ademais, o equipo de ‘Cos Pés na Terra’ acompañará a Rocío polas aldeas peiteando xente nos seus fogares. Co seu bo facer, non é de estrañar que se apunten ata os gatiños da casa.
