div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

‘Decorado’, participada por TVG, gaña o Premio Goya á mellor película de animación

A cinta suma este galardón aos recollidos nos premios Forqué e nos festivais “Fantastic Fest”, de Texas e no Animation Is Film, de California

Con guión de Alberto Vázquez e Francesc Xavier Manuel, ‘Decorado’ é unha produción de Abano Producións, Uniko, The Glow, María y Arnold A.I.E e Sardinha Em Lata

csag.gal 01/03/2026 01:29

Santiago, 1.3.2026.- A cinta ‘Decorado’ logrou facerse co Goya á mellor película de animación na gala do cine español celebrada este sábado en Barcelona e suma un novo gran éxito na súa traxectoria. Dirixida polo coruñés Alberto Vázquez, ‘Decorado’ é unha fábula distópica, que combina humor e terror para construír unha alegoría sobre o control social e o artificio da vida contemporánea.

A película, que conta coa participación da Televisión de Galicia, está producida por Chelo Loureiro (Abano Producións), Iván Miñambres (Uniko), José María Fernández de Vega (The Glow) e Nuno Beato (Sardinha em Lata). ‘Decorado’ suma este premio Goya aos galardóns recollidos desde a súa estrea, nos premios Forqué e nos festivais “Fantastic Fest”, un dos festivais do xénero máis importantes do mundo, en Austin (Texas, EEU.UU.), e no Animation Is Film, de California.

           

As grandes triunfadoras da noite foron ‘Sirât’, do galego Oliver Laxe que obtuvo seis premios Goya e ‘Los domingos’ con cinco. A 40 edición dos Premios Goya foi presentada por Luis Tosar e Rigoberta Bandini no Auditori Fórum CCIB de Barcelona.

Televisión de Galicia segue apostando polo cine galego e confirmando cada ano a súa participación en novos proxectos. ‘Decorado’ foi unha das cintas seleccionadas na convocatoria de apoio ao cine do 2024. Con guión de Alberto Vázquez e Francesc Xavier Manuel, ‘Decorado’ é unha produción de Abano Producións, Uniko, The Glow, María y Arnold A.I.E e Sardinha Em Lata. O proxecto conta co respaldo de TVG, RTVE, ETB, Movistar Plus+, ICAA, Agadic, a Deputación de Badaxoz, o Goberno Vasco e a Deputación Foral de Biscaia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade

div-crtvg-top2

Publicidade