'Galicia bonita' enfróntase a unha prancha de fibrocemento na fachada dunha vivenda en Tordoia - CSAG
'Galicia bonita' enfróntase a unha prancha de fibrocemento na fachada dunha vivenda en Tordoia
Os fillos dos propietarios faranlle a súa lista de peticións ao equipo de reformas, mentres que o avó, albanel retirado, porá a proba o xefe de obra

Santiago, 8.9.2026.- Rosa Facal e o seu equipo diríxense este martes cara a Tordoia, onde deberán afrontar a recuperación e a mellora dos espazos máis degradados dunha vivenda do rural. Os profesionais do ‘Galicia bonita’ (22:50 h) intentarán atender as necesidades dos propietarios, Carlos e Lucía, que foron facendo arranxos aos poucos, así como as dos seus dous fillos, Hugo e Martina, que tamén terán as súas peticións.
Ademais das suxestións dos pequenos, o equipo de reformas enfrontarase á incógnita do que haberá baixo unha prancha de fibrocemento na fachada, que deberán rematar e pintar. Á vivenda cómprelle facer un peche e unha cancela de madeira, así como o salpicado dun muro medianeiro, labores de xardinería, e algún moble no exterior.
Outro elemento a ter en conta nesta obra será o pai de Carlos, albanel retirado, que poñerá a proba a Adrián, o xefe de obra.
