div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

'Historias de aquí' afonda esta semana na explosión da pirotecnia de Tui

No capítulo titulado ‘Os últimos fogueteiros’ (23:10 h), protagonistas e expertos lembrarán o que ocorreu a fatídica tarde do 23 de maio de 2018, e afondarase nun traballo que para uns é unha arte e para outros, un tormento

crtvg.gal 03/05/2025 00:01

Santiago, 03.05.2025.-    A serie documental ‘Historias de Aquí’, que fusiona o documental e a ficción para dar unha perspectiva única sobre acontecementos, personaxes icónicos e fitos culturais que deixaron unha pegada imborrable na nosa memoria colectiva, sitúase hoxe na tarde do 23 de maio de 2018, cando unha feroz explosión sacudiu a localidade de Paramos, en Tui. A orixe está nun almacén de pirotecnia ilegal, nas aforas da parroquia, que salta polos aires de xeito inesperado. 

Nesta entrega de ‘Historias de aquí’, titulada ‘Os últimos fogueteiros’, os espectadores da TVG verán como a pirotecnia é para uns unha arte e para moitos un tormento. Protagonistas e expertos lembrarán o que ocorreu aquela fatídica tarde, e tamén se analizará a sentenza da explosión de Tui, que deixou dous falecidos, decenas de feridos e cuantiosos danos materiais.

As voces das testemuñas irán enlazando cunha ficción que as complementa e que terá como protagonistas a Fernando, última xeración dunha estirpe de pirotécnicos, para o que esta actividade é a súa forma de vida, e a Lois, xornalista que ve neste accidente unha grande oportunidade de atopar a verdade e dar a noticia da súa carreira. Lois viviu de preto a explosión e dedicarase en corpo e alma a investigar o caso, o que lle afectará tamén na súa vida persoal.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade