'Latitude galega' viaxa esta semana a Nova Jersey, a histórica 'Nuarca' da emigración galega - CSAG
'Latitude galega' viaxa esta semana a Nova Jersey, a histórica 'Nuarca' da emigración galega
Alba Mancebo percorre o estado estadounidense xunto a cinco galegos da diáspora

csag.gal
10/02/2026 00:01
Santiago, 10.2.2026.- ‘Latitude galega’ (22:40 h) visita este martes Nova Jersey, un dos estados dos Estados Unidos aos que máis galegos emigraron ao longo da historia. A súa capital, Newark, era coñecida como ‘Nuarca’ pola cantidade de xente da nosa terra que alí vivía. Nova Jersey combina cidades e rañaceos con áreas residenciais e zonas totalmente rurais.
A reporteira Alba Mancebo percorrerá o estado da man de cinco galegos: Luís, un xubilado de Carreira; Manuela, unha empresaria de Carnota; Alberto, un tatuador de Ribeira; Steven, un empresario de Cerdedo-Cotobade, e María, unha química de Palmeira.
CRTVG VIVA