div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

'Lume', A Superfesta', 'Eu sei + ca ti' ou 'Pais en apuros', entre as estreas de verán da Televisión de Galicia

A canle propón un novo concurso diario de cultura xeral, ‘Eu sei + ca ti’ e, os mércores, un percorrido por Galicia cos Mozos de Arousa en ‘A Superfesta’ 

Os luns á noite, o prime time é para a nova serie de ficcion ‘Lume’, thriller protagonizado por Cristina Castaño 

María Mera, no formato ‘Pais en apuros’, axudará as familias na tarefa da crianza con consellos prácticos e a opinión de expertos

E ‘Fanáticos’, co influencer Juan Sieira, seguirá os artistas no circuíto de festivais
 

crtvg.gal 30/06/2025 15:20

Santiago, 30.06.2025.-  As primeiras estreas da Televisión de Galicia para este verán chegan ao longo da primeira semana do mes de xullo. O luns estréase no prime time da canle a serie ‘Lume’, protagonizada por Cristina Castaño, un thriller coproducido por TVG e a RTP, que combina suspense, drama, investigación xornalística e unha potente mensaxe ambiental arredor dos incendios forestais.

As noites do mércores serán para ‘A Superfesta’,  en que os coñecidos Mozos de Arousa percorrerán Galicia para coñecer e valorar as festas máis emblemáticas. En cada entrega puntuarán gastronomía, tradicións e troula coa axuda das reporteiras, ata coroar ao final do verán a mellor celebración galega. A viaxe comeza o 9 de xullo na Rapa das Bestas de Sabucedo.

Desde o domingo, a grella conta cun novo concurso diario de cultura xeral, ‘Eu sei + ca ti’, conducido polo actor Fran Nogueira. Nel, tres equipos compiten con preguntas de cultura xeral, lóxica e enxeño para intentar abrir unha caixa forte con 6.000 euros, nun formato que combina emoción e aprendizaxe. Emitirase de domingo a xoves, abrindo a faixa do ‘prime time’.

Entre as propostas, que arrincaron xa o domingo 30, destacan o programa ‘Fanáticos’, co influencer Juan Sieira percorrendo os festivais galegos na procura de artistas como Bad Gyal para entregarlles a pandeireta oficial do programa; e ‘Pais en apuros’, conducido por María Mera, que ofrece respostas prácticas e consellos útiles sobre a crianza con apoio dun equipo de expertos.

A todo isto súmanse os novos episodios de ‘Casamos!’, espazo que segue celebrando o amor e as historias reais de parellas galegas que se dan o ‘si quero’ diante das cámaras da Galega. E, como non podía faltar, ‘Land Rober non para’, que continua facendo rir aos espectadores cada xoves á noite, con Roberto Vilar e o seu equipo, mantendo o espírito de sempre e coas visitas de artistas convidados, entrevistas, xogos e música.

Novos contidos en AGalega.gal este verán

AGalega.gal seguirá estreando contidos semanalmente, destacando o ‘Especial 40 anos da TVG: os programas da túa vida’, co que a plataforma lembrará por décadas os 40 anos de historia da canle pública galega en contidos e imaxes, máis curtametraxes galegas, series internacionais e filmes destacados, tamén os novos espazos da TVG para este verán, e contidos dixitais, como ‘Raíña-me’, ‘A nosa movida’, ‘A nosa xente: Galicia de récord’ e ‘Lixa e verniz'; series documentais, como ‘Invasoras: unha ameaza silente’, ou os concertos en directo máis apetecibles do circuíto festivaleiro galego.    

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade