div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'O domingo por Rober... abandónasme' aposta esta noite polo mellor humor de 'Land Rober + Show'

Roberto Vilar lidera esta proposta de entretemento que reúne colaboradores, sketchs e o espírito do ‘Land Rober’ no ‘prime time’ da TVG (22:00 h)

csag.gal 18/01/2026 00:01

Santiago, 18.1.2026.-   ‘O domingo por Rober… abandónasme’ chega esta noite á TVG para converter o ‘Land Rober + Show’ nunha cita imprescindible tamén da fin de semana, cun título que xoga coa memoria musical e co sentido do humor que caracteriza o programa.

Nesta entrega dominical, Roberto Vilar ponse á fronte dun espectáculo onde a diversión é o ingrediente principal, acompañado polos personaxes fixos que forman parte do programa da Galega. Cada unha delas achegará o seu selo propio, creando situacións cómicas e sketchs memorables.

‘O domingo por Rober… abandónasme’ proporá unha viaxe polo mellor do universo ‘Land Rober + Show’, cunha selección de contidos pensados para rir, en clave de entretemento familiar, e para pechar o domingo cun sorriso.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade