div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Miguel Lago busca ‘O Novo Rei da Comedia’ no prime time dos domingos da TVG

Dez concursantes terán que convencer a un xurado composto por Carlos Blanco, Patricia Vázquez e Xurxo Carreño

 

crtvg.gal 03/03/2025 17:12

Santiago, 03.03.2025.-   Santiago, 03.03.2025.- A Televisión de Galicia e CTV presentaron este luns o programa ‘O novo rei da comedia’, que chegará ao prime time este vindeiro domingo, 9 de marzo. No acto participaron o director de Contidos da TVG, Fernando R. Ojea; o produtor executivo de CTV, Ghaleb Jaber Martínez; o presentador do concurso, o humorista Miguel Lago; os dez participantes, e tamén o xurado do concurso, integrado polos actores Carlos Blanco e Patricia Vázquez e polo influencer Xurxo Carreño.

Esta nova aposta da TVG pola comedia vai descubrir máis talentos do humor galego, seguindo a estela do exitoso concurso emitido pola canle a comezos da década dos 2000. No talent show haberá monólogos, sketchs humorísticos e entrevistas na rúa, entre outras sorpresas. Os dez concursantes, procedentes das catro provincias galegas e elixidos nun casting realizado por CTV por toda a comunidade, competirán por facerse co título do novo rei ou raíña da comedia.

O programa será un escaparate en que que os participantes farán unha exhibición das súas calidades artísticas, tanto individualmente como en probas de parella ou mesmo colectivas. Ao rematar as actuacións, o aspirante con máis puntos será declarado o novo rei da comedia dese programa, ata que ao final só quede un.

Fernando R. Ojea, director de contidos da canle, sinalou na presentación que “sabemos que Galicia é unha terra de retranca. O talento humorístico está aí e a TVG o que fai é buscalo e amosalo facendo un programa espectacular para o prime time”. Ojea engadiu que “‘O novo rei da comedia’ é un verdadeiro compendio multixeracional de creadores de humor. Artistas consumados como Miguel Lago na presentación, Carlos Blanco e Patricia Vázquez no xurado, Xurxo Carreño representando ás xeracións máis novas, e un feixe de concursantes que se están a abrir camiño no mundo do espectáculo”.

Pola súa parte, Ghaleb Jaber Martínez explicou que “é un programa que nos permitirá rir, emocionarnos e pasar un bo anaco, ademais de vivir as intrigas das dinámicas dos concursantes e coñecer un pouco máis a Miguel Lago, o condutor do concurso, na súa primeira aparición como presentador en TVG despois dun periplo por televisións nacionais como cómico”, sinalou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade