'Os crononautas' da TVG viaxan hoxe a unha época chea de historias sorprendentes: a Galicia sueva - CSAG
'Os crononautas' da TVG viaxan hoxe a unha época chea de historias sorprendentes: a Galicia sueva
Os espectadores descubrirán como se formou o primeiro reino medieval de Occidente e os cambios que experimentou o territorio tras a desaparición do Imperio Romano

Santiago, 1.10.2026.- Trisha Fernández e David Vilares, ‘Os Crononautas’ da TVG, viaxan hoxe, a partir das 22:50 h, á Galicia sueva para descubrir a formación do primeiro reino medieval de Occidente e os cambios que experimenta o territorio tras a desaparición do Imperio Romano.
Durante séculos, Galicia formou parte dun dos imperios máis poderosos da historia, pero no século V ese mundo empeza a derrubarse: as fronteiras tremen e os exércitos retroceden. Porén, Galicia non desaparece co final de Roma. Ao contrario: entra nunha das etapas máis intensas, escuras e fascinantes da súa historia. Un tempo de reis, guerras, invasións, lendas e cancións que aínda hoxe seguen soando na memoria.
Co achegamento a esta época chea de historias sorprendentes, os espectadores verán como Galicia se defendeu dos ataques viquingos, descubrirán obxectos lendarios dignos de Indiana Jones, e escoitarán como soaba realmente a música da Idade Media.
