'Palmira Lará' segue hoxe afondando no oficio dos compiladores cunha visita ao músico e compositor Xabier Díaz - CSAG
'Palmira Lará' segue hoxe afondando no oficio dos compiladores cunha visita ao músico e compositor Xabier Díaz
Miguel Lesta e Leticia Rei quedarán este luns cun mestre que os inspirou nas recollidas para contarlle como foron as súas aventuras

Santiago, 20.07.2026.- Miguel Lesta e Leticia Rei, os protagonistas de ‘Palmira Lará’ (22:45 h), quedarán este luns cun mestre que os inspirou no oficio de recoller para contarlle como foron as súas aventuras e tamén para preguntarlle polas súas nos anos 80.
Eles queren seguir afondando no oficio dos compiladores, así que visitan a Xabier Díaz, músico e compositor que acumula unha exitosa traxectoria de máis de 30 anos en diferentes proxectos de música tradiciona galega, e a unha das informantes que máis o cativou.
Finalmente, acabarán a xornada compartindo merenda con dúas mulleres moi queridas por eles e cun grupo de alumnas ás que lles transmitirán as cancións que aprenderon desas mulleres.