div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

'Pensando en ti' celebra este domingo os 28 anos do programa nunha gran festa no Carballiño

O parque municipal desta localidade ourensá será o punto de encontro dos milleiros de oíntes do programa líder das noites da Radio Galega

María do Ceo, Sito Sedes, Tito Calviño, Sito Mariño e Isabel Blanco serán algúns dos artistas convidados na décimo sétima edición desta xuntanza

Esta edición especial do espazo presentado por Marcial Mouzo e Ricardo Saavedra poderase seguir en directo polas plataformas AGalegaAudio e a AGalega.gal desde as 11.00 h

crtvg.gal 06/06/2024 16:19

Santiago, 06.06.2024.-  Este domingo 9 de xuño, o parque municipal do Carballiño  converterase no estudio do ‘Pensando en ti’. O programa líder das noites da Radio Galega realizará unha emisión especial desde a localidade ourensá para celebrar os seus 28 anos en antena cunha gran festa cos seus oíntes.

Desde as 11:00 hMarcial Mouzo e Ricardo Saavedra poranlles cara ás historias dos milleiros de oíntes que cada noite os acompañan para se converter nos verdadeiros protagonistas das madrugadas da Radio Galega. Historias en primeira persoa que este domingo non terán fronteiras nun evento que contará con convidados sorpresa e oíntes chegados de toda Galicia e mesmo do resto de España.

María do Ceo, Sito Sedes, Tito Calviño, Sito Mariño e Isabel Blanco, entre outros, serán algúns dos artistas que estarán no Carballiño para sumarse á Xuntanza do ‘Pensando en ti’,  que chega xa á súa décimo sétima edición. O fin de festa correrá a cargo da orquestra Trébol.

Serán cinco horas de programa en directo en que non faltarán os rostros máis recoñecidos da CRTVG, como Kiko Novoa, Cristina García, Esther Estévez, Arturo Fernández, Lucía Veiga e Raquel Atanes, entre outros.

Esta edición especial do ‘Pensando en ti’ poderase seguir en directo polas plataformas AGalegaAudio e a AGalega.gal desde as 11:00 h.

Dunha xuntanza de catro amigos a unha festa de milleiros de oíntes
 
A festa do ‘Pensando en ti’ xurdiu como unha necesidade dos propios oíntes de coñecérense en persoa despois de compartir horas e horas de conversa na radio a través de chamadas telefónicas que acabaron estreitando lazos de amizade nas ondas ata conformar unha verdadeira familia en que se comparte a ledicia dos bos momentos, se acompaña e se anima nos malos, e se celebra a vida por enriba de todo. Desa necesidade xurdiu hai 18 anos unha xuntanza de catro deses amigos que quixeron compartir mesa e mantel como toda boa familia. Pero, ano a ano, esa quedada anual foi sumando máis membros ata se converter en todo un evento en que recintos como o de Silleda ou o de Cerceda quedaron pequenos para albergar a gran familia do ‘Pensando en ti’.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
NOTICIAS CORPORATIVAS

div-crtvg-top2

Publicidade