div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Por Rober abandónasme no verán' reúne a Tanxugueiras, Nacho Guerreros, Paco MiVida e Kenneth nunha noite de humor

Roberto Vilar conduce esta entrega de verán do programa, en que tamén se gozará de entrevistas, música e dos sketchs máis divertidos

csag.gal 27/08/2026 00:01

Santiago, 27.8.2026.-  Televisión de Galicia ofrece este xoves unha nova sesión de humor con ‘Por Rober abandónasme no verán’, que achegará divertidos sketchs e reunirá sobre o escenario artistas moi coñecidos. Na primeira entrega, procedente de Carballo, recibirase a visita de Kenneth, o cantante venezolano que participou este ano no Benidorm Fest, e conversará con Martín, campión de España de halterofilia. A noite continuará coa intervención do actor Nacho Guerreros, que participará nun divertido reto de interpretación xunto ao equipo do programa.

A continuación, ‘Por Rober abandónasme no verán’ contará coa presenza de Tanxugueiras. Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro compartirán anécdotas e bo humor nunha entrevista que servirá como pano de ouro a unha noite marcada pola comedia.

Outra das facianas coñecidas que acode a pintar a mona ao programa será o humorista galego Paco MiVida. A música terá o seu oco esta noite tamén grazas á intervención da Coral feminina Barbanza de Noia, que interpretará un tema de Bad Bunny co apoio de Roi Méndez.

O último convidado desta emisión será Manuel Somoza, rastrexador de fincas perdidas, que no transcurso da conversa con Roberto Vilar explicará en que consiste o seu traballo, analizando testamentos e arquivos e percorrendo o terreo para atopar o patrimonio dos clientes, xa que moitos dos herdeiros non saben onde están.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade