div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Saúde e Rock and Roll': unha viaxe pola historia dos grandes himnos do rock e do pop en AGalegaAudio.gal

Este novo podcast musical, presentado por Ricardo Alonso, estreará un capítulo cada venres na plataforma dixital da emisora

csag.gal 31/10/2025 11:24

Santiago, 31.10.2025.-   ‘Saúde e Rock and Roll’ eran as palabras que se escoitaban na despedida do mítico programa de música da Radio Galega ‘Estudio 3’, que estivo en antena 25 anos na emisora pública galega. E desde esta semana é tamén o nome do novo podcast que nos convida a viaxar pola historia que se agocha detrás dos grandes clásicos do rock e do pop.

Presentado por Ricardo Alonso, ‘Saúde e Rock and Roll’ recupera aquel espírito e lánzase este venres en formato podcast para adaptarse aos hábitos de todos os oíntes, incuídos os que só escoitan música a través do móbil. Cada semana, a plataforma dixital AGalegaAudio.gal, estreará unha nova entrega, os venres. En cada capítulo ofrecerase unha selección musical de clásicos da música rock e pop e debullaranse as anécdotas e curiosidades desas cancións que seguen marcando xeracións.

AGalegaAudio.gal é a plataforma de referencia da radio en galego en que se atopa toda a programación da Radio Galega, así como un amplo abano de podcasts, videopodcasts e contidos nativos exclusivos de humor, cine, historia, ficción, cultura, deporte, música, etc. A plataforma é gratuíta e está a disposición da audiencia desde calquera parte do planeta. Pódese descargar desde Google Play, Apple Store, Chromecast e nas principais televisións intelixentes (dispoñible para descargar en versión iOS e Android).
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade