'Somos Animais' afronta esta noite o reto de educar unha cabra coma se fose un can - CSAG
'Somos Animais' afronta esta noite o reto de educar unha cabra coma se fose un can
O programa (22:40 h) tamén lidará con dous minipinscher que lle ladran a calquera que se achegue á súa dona

Santiago, 19.02.2026.- A Televisión de Galicia ofrece este xoves a segunda entrega de ‘Somos Animais’, o novo programa presentado por Hugo Cabaleiro que ensina a afrontar e solucionar os problemas cotiáns que xorden na convivencia cos animais.
Unha das protagonistas desta noite será Cristina, que ten unha curiosa mascota á que bautizou como Lolo, un carneiro que colleu o costume de meterse na casa para roubar comida. Hugo quere comprobar se Lorena Terrón, experta en comportamento animal, vai ser capaz de educar unha cabra coma se fose un can.
Mentres tanto, o experto Jorge Vázquez deberá enfrontarse hoxe a dous auténticos terremotos: Duki e Cía, uns minipinscher que lle ladran a calquera que se achegue á súa dona.