div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

'Somos animais' ten hoxe un duro traballo en Guísamo, cun poni que morde, escapa e tolea os seus donos

O programa tamén irá ata Burela para axudar un can con auténtico pánico ao mar 

csag.gal 04/06/2026 00:01

Santiago, 4.6.2026.-    No programa desta semana de ‘Somos Animais’ (22:45 h), Hugo e Irene irán ata Guísamo para coñecer o poni Pepote, un animal que morde, escapa e tolea os seus donos, polo que a experta vai ter un duro traballo. Pepote ten o problema de que é un pouco territorial, tenlle medo á auga e non se deixa lavar, asústase coas bolsas de plástico e non deixa que o saquen pasear. 

Mentres tanto, Jorge irá ata Burela para axudar a Max, un can con auténtico pánico ao mar, que non o ten fácil vivindo onde vive, e que tamén lles ten medo aos cans grandes que atopa nos paseos. Max é moi dependente de Lola, a súa dona, e ela tamén del. Decidiu telo como apoio emocional, por unha depresión que estaba pasando, pero agora precisa axuda para mellorar o seu comportamento. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade