div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

A canle @g24noticias da CRTVG supera a fronteira dos 100.000 seguidores en Instagram

O alcance desta conta na rede social Instagram foi de 7 millóns de persoas

Os servizos informativos teñen presenza tamén en X, Facebook, TikTok, YouTube e WhatsApp 

E AGalega.gal, a plataforma de contidos audiovisuais en galego da CRTVG que conta xa máis de 1 millón de usuarios, suma a día de hoxe case 20.500 contidos

crtvg.gal 10/10/2024 16:45

Santiago, 10.10.2024.-  Arredor de 7 millóns de persoas informáronse a través da conta de Instagram @g24noticias no último mes. A conta @g24noticias nesta rede social acaba de alcanzar os 100.000 seguidores, e as visualizacións disparáronse ata os 33 millóns, datos que consolidan a cada vez maior presenza dixital dos servizos informativos da Galega como referentes da información.

@g24noticias ten presenza, ademais de en Instagram, en X, Facebook, Tiktok e YouTube, e conta cunha canle de WhatsApp, ofrecendo un servizo integral en tempo real que completa a oferta informativa que supón o portal G24.gal.

Neste último mes, a conta @g24noticias chegou a dous millóns de espectadores únicos en TikTok, e a 3,1 millóns en Facebook. O incremento total das redes sociais da CRTVG no que va de ano, supón un 26 % máis que no mesmo período do ano pasado.

AGalega.gal ofrece 20.500 contidos en galego, en aberto

 AGalega.gal, a plataforma de contidos audiovisuais en galego e en aberto máis grande do mundo, superou en setembro o millón de usuarios, en apenas 8 meses de vida. A plataforma, xunto con AGalegaAudio.gal e a canle para os máis pequenos, Xabarin.gal, suma xa case 20.500 contidos, dispoñibles tanto en versión web como a través das apps.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade