div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A cantante Nuria Fergó, que celebra os seus 25 anos na música, e o grupo vigués La Sombra de Justine, convidados no 'Luar' deste venres

Tamén estarán no escenario a banda de rock Karü, a exrecanteira Ruth Cundíns, a Orquestra Nueva Fuerza e a formación de música tradicional galega Airiños de Orzabai

csag.gal 25/09/2026 02:00

Santiago, 25.09.2026.-    O programa ‘Luar’ recibirá este venres (21:45 h) a visita de Nuria Fergó, unha das primeiras estrelas que saíron da factoría OT e unha das voces máis recoñecidas e queridas da música española. Cunha traxectoria avalada por tres discos de platino e un de ouro, soubo manter a súa esencia dentro do pop mediterráneo, permitíndose tamén explorar outros rexistros. Durante este 2026 celebra o seu cuarto de século na música coa xira do 25 aniversario, un fito que coincide co lanzamento do seu novo sinxelo, ‘Si decides no volver’, que interpretará esta noite no escenario.

Tamén está convidado esta noite o grupo La Sombra de Justine, composto por dous artistas que se coñeceron no ámbito musical vigués e que comparten a súa paixón polo pop nacional e internacional dos anos 80, 90 e 2000. Cun toque persoal, o seu estilo caracterízase por mesturar arranxos modernos coa esencia de clásicos inigualables, cun espectáculo que fai gozar o público de todas as xeracións.

Ademais, o espazo presentado por Xosé Ramón Gayoso, que está acompañado por Laura Boado nesta nova temporada, contará coas actuacións do grupo compostelán de rock Karü, coñecido por temas propios e versións como ‘Agardarei’; da exrecanteira Ruth Cundíns, da orquestra Nueva Fuerza e da formación de música tradicional galega Airiños de Orzabai.

En canto ao concurso de talentos musicais ‘Recantos’, que comezou xa a súa 17ª edición, hoxe probarán sorte, Mary Menor, representante da comarca de Ourense, e Santy, procedente de Vigo. O humor chegará da man de Sabela Grilo, o personaxe interpretado por María Foscaldo, e de Carla e Marcos, de Todo Mal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade