div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

A CRTVG abre unha convocatoria para a selección de 15 contidos dixitais para AGalega.gal e Xabarín.gal

A Corporación destinará ata 357.000 euros á produción de proxectos nas categorías de ficción, entretemento, divulgación, infantil e videopodcast
---
A convocatoria pode consultarse no Portal de Transparencia da Corporación
---
O prazo de presentación de propostas esténdese ata o 1 de setembro
---

crtvg.gal 10/06/2025 12:24

Santiago, 10.06.2025.-        A CRTVG lanza unha nova convocatoria de contidos dixitais, cunha achega de ata 357.000 euros, para a produción de 15 novos proxectos destinados ás plataformas AGalega.gal e  Xabarin.gal.

    A Corporación distribuirá este orzamento entre proxectos de cinco categorías, ficción, entretemento, divulgación, infantil e videopodcast, que teñen que estar integramente realizados en galego. Todos os detalles da convocatoria atópanse no Portal de Transparencia da CRTVG, nesta ligazón.

    A CRTVG busca seleccionar contidos que incorporen innovación e modernidade na forma de achegalos ao espectador, que promovan a interacción e que destaquen pola orixinalidade da súa estrutura narrativa e enfoque. Os proxectos deben ser inéditos, integramente orixinais e que non fosen postos á disposición do público, agás no caso de novas temporadas de proxectos presentados en anteriores convocatorias. Con esta nova convocatoria dáse continuidade ao apoio dos medios públicos galegos aos profesionais galegos e á difusión de proxectos audiovisuais a través das súas canles dixitais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade