div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

A CRTVG participa no I Foro Innova en Sevilla, que reúne profesionais das canles públicas

A capital andaluza acolleu este foro de traballo, organizado por Radio e Televisión de Andalucía (RTVA), ao que asistiron 80 representantes de canles públicas
---
A xunta xeral de FORTA, baixo a presidencia da RTVA, tivo lugar tamén esta semana en Sevilla

crtvg.gal 13/06/2025 13:37


Santiago, 14.06.2025.- A CRTVG participou esta semana no I Foro Innova 2025 organizado pola canle pública andaluza, RTVA, e no que se reuniron arredor de 80 directivos e profesionais de emisoras públicas de toda España. Entre outros temas, durante o Foro Innova 2025 analizouse o papel da intelixencia artificial na xeración de contidos e os desafíos que implica en termos de investimento e transformación cultural. Asistiron tamén profesionais da comunicación, empresas e universidades, que debatiron sobre as novas narrativas audiovisuais e os retos do sector.

    A Federación de Organismos ou Entidades de Radio e Televisión Autonómicos (FORTA) celebrou ademais a súa  xunta xeral en Sevilla este xoves, nun encontro no que os máximos responsables das doce canles autonómicas que forman parte da Federación debateron e compartiron experiencias sobre decisións estratéxicas que impactan no panorama audiovisual dos seus respectivos entes.

    O director xeral de Radio e Televisión de Andalucía (RTVA), Juande Mellado, que desde xaneiro exerce a presidencia rotatoria de FORTA, subliñou algúns dos temas clave abordados, como “as axudas e incentivos á produción e coprodución audiovisual ou os desenvolvementos normativos e antes e anteproxectos de lei ao redor de ciberseguridade e dereito á rectificación”. Nestas xornadas as canles de FORTA reforzan os lazos de colaboración entre os entes, comparten experiencias e analizan as últimas tendencias e avances tecnolóxicos no ámbito audiovisual, co fin de implementar solucións innovadoras que melloren a oferta de contidos e a experiencia dos espectadores.

…………………………….

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade