div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A cuadrilla de 'Galicia bonita' enfróntase á reforma extrema da casa de Pura en Sober

O equipo de Rosa Facal traballa contra o reloxo para transformar unha vivenda antiga chea de reformas mal feitas, nunha noite con dobre entrega do programa

csag.gal 17/09/2025 00:01

Santiago, 17.9.2025.-  Este mércores á noite, ‘Galicia bonita’ (22:40 h) regresa cunha dobre entrega en que a arquitecta Rosa Facal e o seu equipo deberán superar novos desafíos marcados polo tempo e o orzamento.

O primeiro proxecto lévaos ata Sober, onde os agarda a casa de Pura, unha vivenda tradicional que foi obxecto de numerosas reformas mal executadas polos seus propietarios. Os obreiros, con forzas xustas e persoal reducido, deberán recebar piares e tabiques de ladrillo á vista, camuflar unha chapa no frontón e na porta, limpar e despexar o patio, e afrontar variados traballos de carpintería. Todo isto nun prazo máximo de catro días, o que levará a Rosa a dar resposta á presión dos seus colaboradores.

A noite completarase con outro reto en Mañón, na provincia da Coruña, onde a cuadrilla terá que actuar sobre unha palleira, un hórreo e un muro de pedra, asumindo incluso tarefas non previstas pola complexidade da fachada, compartida con dúas vivendas veciñas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade