div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A derradeira entrega da serie documental 'Curando o mundo' e o partido 'Xuntos contra o lume', esta semana, en exclusiva, en AGalega.gal

A plataforma dixital ofrecerá o martes a viaxe a Bali do cirurxián Diego González Rivas, e o mércores, o encontro solidario entre o Celta e a selección de Ourense, a beneficio da reforestación dos montes ourensáns afectados polos incendios

A oferta tamén inclúe novos capítulos dos programas ‘Estudante 360’ e ‘Bótalle azucre’, e a posta a disposición das películas ‘Johnny English, o regreso’, ‘Tempo de matar’ e  ‘Dous días, unha noite’

csag.gal 06/10/2025 16:48

Santiago, 06.10.2025.-    Esta semana chega cargada de contidos en AGalega.gal, cunha programación que combina entretemento, solidariedade, cinema internacional e formatos dixitais propios. 

Este mesmo luns chega á plataforma dixital dos medios públicos galegos o último programa de ‘Estudante 360’. O protagonista será desta volta Marcos, un estudante tranquilo, afeccionado ao ordenador e ao baile, que tamén amosa a súa faceta máis cotiá entre potas e tixolas.

O martes día 7 estrearase, en exclusiva en AGalega.gal, a derradeira entrega da serie documental ‘Curando o mundo’. En Bali, o cirurxián Diego González Rivas combinará a súa paixón pola medicina e a aventura, xa que se enfrontará a unha cirurxía complexa, á espiritualidade dos templos e á forza do océano na súa primeira sesión de surf do ano. Esa noite tamén se porá á disposición un novo programa de ‘Sala G’, en que se enfrontará a Panorama contra a Panorama City, dispoñible tras a emisión na TVG.

O mércores 8 de outubro ofrecerase en directo o partido de fútbol solidario ‘Xuntos contra o lume’, que disputarán ás 20:00 h no estadio de Balaídos o Celta de Vigo e a selección de Ourense. Este encontro benéfico destinará todos os fondos recadados á reforestación dos montes ourensáns afectados polos incendios deste verán. Ademais, os fans o anime poderán gozar da estrea de ‘Os Cabaleiros do Zodíaco’, con cinco capítulos dispoñibles desde ese mesmo día. 

O cinema será protagonista na xornada do xoves, cando se porá a disposición, durante 14 días, a comedia ‘Johnny English, o regreso’. O filme está protagonizado por Rowan Atkinson, coñecido mundialmente polo seu papel de Mr. Bean, que volve meterse na pel do espía máis torpe de Inglaterra. 

Ademais, o día 9 incorporarase á oferta de AGalega.gal un novo capítulo de ‘Bótalle azucre’, coas divertidas peripecias da influencer cubana Anita Mateu no seu reto de conseguir o título oficial de galego.

Para a fin de semana, a canle dixital da CSAG propón tamén cinema. Desde o venres 10 estará dispoñible, durante sete días, ‘Tempo de matar’, un thriller cheo de tensión no sur dos Estados Unidos, onde un avogado branco se enfronta á xustiza e aos prexuízos raciais ao defender un traballador negro acusado de asasinar os dous homes que violaron a súa filla.

Ao día seguinte, o sábado 11, engadirase ao catálogo de AGalega.gal ‘Dous días, unha noite’, unha emocionante película en que Sandra debe convencer os seus compañeiros de traballo de renunciar a unha prima para que ela non perda o emprego. Esta historia de solidariedade e decisións difíciles será accesible durante 30 días.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade