div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A estrea de 'Réxime' e a retransmisión da gala de clausura de OUFF, protagonistas de AGalega.gal esta semana

A medio camiño entre un programa de cociña e un documental, a microserie ‘Réxime’ mestura conversas sobre as presións estéticas e a comida 

A clausura do Festival de Cine de Ourense poderase seguir en directo na plataforma, que completa a oferta cunha microserie e con novos programas dixitais e filmes

csag.gal 29/09/2025 15:10

Santiago, 29.9.2025.-  A plataforma AGalega.gal continúa consolidándose como espazo de referencia para o audiovisual, incorporando semana tras semana novos contidos que combinan humor, ficción, información e cinema. Tras sumar recentemente os momentos destacados dos programas de actualidade e unha nova sección en informativos con contidos de G24.gal, esta semana achega, como é costume, destacadas estreas.

O mércores 1 de outubro será o momento de descubrir a microserie ‘Réxime’, un contido hibridado entre un programa de cociña e un documental de divulgación, que aborda as presións estéticas ás que somos sometidas as persoas e as súas consecuencias, e faino nada menos que nunha contorna rodeada de comida deliciosa. Comida que degustarán as diferentes persoas convidadas mentres teñen unha conversa distendida arredor dos temas propostos. 

A miniserie británica ‘Asalto ao tren de Glasgow’, que recrea o histórico roubo de 1963 en que os atracadores se fixeron con 2,6 millóns de libras, chega á plataforma o martes 30. A produción ofrece dúas perspectivas: primeiro, a visión dos delincuentes, e logo a investigación policial que intentou atrapalos.

Cómpre salientar que o sábado 4 AGalega.gal retransmitirá en directo a partir das 20:00 horas a gala de clausura do Festival de Cine de Ourense (OUFF), presentada por Lucía Rodríguez e Secun de la Rosa, unha cita que lle pon o ramo a unha das grandes celebracións do cinema en Galicia.

A oferta complétase con novos capítulos dos programas dixitais: ‘Estudante 360’ (luns 29), que segue o día a día dunha activa Zoe nas redes sociais, e ‘Bótalle azucre’ (xoves 2), que volverá ás 16:00 horas coas aventuras da influencer cubana Anita Mateu na súa aprendizaxe de galego.

No apartado de cinema, o xoves 2 poderase ver durante 14 días a comedia ‘Johnny English’, protagonizada por Rowan Atkinson, e o venres 3 chega o thriller ‘O negociador’, dispoñible durante 7 días, con Samuel L. Jackson e Kevin Spacey nun duelo interpretativo cheo de tensión. Finalmente, o sábado 4 incorporarase ao catálogo a comedia francesa ‘Vacacións en África’, que permanecerá accesible durante 30 días.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade