div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A G2 e AGalega.gal retransmiten este mércores o Baxi Ferrol-Ostrava de Eurocup Women

O partido xógase no pavillón da Malata ás 20:15 h

csag.gal 14/10/2025 17:15

Santiago, 14.10.2025.-    Chega a segunda xornada da Eurocup Women e a Televisión de Galicia volve estar presente no partido do representante galego, o Baxi Ferrol, que se enfrontará desta volta ao SBS Ostrava. O mércores, desde as 20:15 h, os espectadores poderán gozar do mellor baloncesto continental a través da G2 e da plataforma AGalega.gal.

O equipo que prepara Lino López comezou con vitoria a súa andaina na competición fronte ao Benfica, en Lisboa. Desta volta xogará arroupado pola afección departamental, ante un rival eslovaco que sufría unha severa derrota na primeira xornada por 86-69 ante o Sosnowiec de Polonia.

A programación deportiva da Televisión de Galicia continuará na fin de semana con máis retransmisións. O sábado, a partir das 18:30 h, o fútbol tomará o mando na G2 cun novo derbi na Primeira Federación. O estadio Anxo Carro albergará o enfrontamento entre o Club Deportivo Lugo e o Celta Fortuna, que comezaron de distinto xeito a temporada. Mentres o Lugo trata de escapar da zona perigosa, o filial vigués é unha das alternativas ao potente Tenerife na pelexa polo ascenso directo á Segunda División. 

A plataforma AGalega.gal ten reservada en exclusiva para a fin de semana todo o fútbol da Segunda RFEF. O sábado, ás 16:00 h, as cámaras estarán no estadio do Couto para dar cobertura ao enfrontamento entre a Unión Deportiva Ourense e o Langreo. Xa o domingo, ás 17:00 h, compartirán protagonismo dous encontros. No campo das Eiroas, o Bergantiños recibe o Burgos Promesas e na Ribela haberá derbi entre a Sarriana e o Coruxo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade