div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A G2 ofrece este sábado en directo o Rácing de Ferrol-Tenerife, choque entre o primeiro e o segundo clasificado do grupo 1 da Primeira RFEF

En exclusiva a través de AGalega.gal, os espectadores poderán ver esta fin de semana os partidos U. D. Ourense-Fabril Deportivo, Bergantiños-Langreso e Sarriana-Ávila

O programa ‘En Xogo’ resumirá o domingo na primeira canle da TVG o mellor do Levante-Celta e do Zaragoza-Deportivo

csag.gal 31/10/2025 14:00

Santiago, 31.10.2025.-    O fútbol en directo volverá ser protagonista este sábado na G2 e en AGalega.gal. A Televisión de Galicia reserva para a súa segunda canle a emisión o sábado, a partir das 18:30 h, do encontro entre o primeiro e o segundo clasificado do grupo 1 da Primeira RFEF. O Rácing de Ferrol recibe na Malata o Tenerife, que, tras comezar con seis triunfos consecutivos, leva agora tres xornadas con só un punto de recompensa. Dous puntos sepáranos na táboa, polo que, de gañar o cadro verde, uparíase ao primeiro posto.

A plataforma AGalega.gal ofrecerá o sábado, de xeito exclusivo, o derbi da Segunda RFEF que xogarán no estadio do Couto a Unión Deportiva Ourense e o Fabril Deportivo. Xa o domingo, ás 17:00 h e no formato multifútbol, a OTT emitirá o Bergantiños-Langreo desde As Eiroas e o Sarriana-Ávila, no campo da Ribela.

En Xogo

Pasada a primeira semana da Copa do Rei de fútbol, en que os espectadores da Televisión de Galicia puideron gozar de tres partidos, e co regreso ás competicións ligueiras, este domingo pola noite, a partir das 22:55 h, Sevi Martínez presenta na TVG unha nova edición do programa ‘En Xogo’ para atender a todo o sucedido na xornada. 

Desta volta, a atención estará posta na visita do Celta ao Ciutat de Valencia para enfrontarse ao Levante e do desprazamento do Deportivo a Zaragoza, partido que se disputará no estadio de La Romareda.

Os grandes do fútbol galego comezan o mes de novembro coa obriga de puntuaren. O Celta por fin gañou na competición doméstica, un traballado triunfo que chegou a semana pasada no Sadar ante o Osasuna de Pamplona. Agora necesita seguir nesta liña positiva para subir postos e escapar da zona perigosa. Mentres, o Deportivo non foi quen de gañar nos últimos cinco encontros desenvolvidos, sumando só 3 puntos dos 15 que se puxeron en liza sobre o céspede. Non lle queda outra que recuperar o camiño do triunfo para aproximarse aos primeiros clasificados.

Os ex futbolistas Roberto Lago e Dani Mallo, o árbitro Xabier Rodríguez Campos e as influencers Carla Gabián e Lucía Dávila estarán na mesa de debate para opinar da actuación dos equipos galegos e analizar a polémica arbitral. 
                       
Ademais do ‘En Xogo’, a primeira canle da TVG ofrecerá durante a fin de semana amplos espazos de información deportiva nos informativos ‘Bos Días’, ‘Telexornal Mediodía’ e ‘Telexornal Serán’.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade