div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A serie da TVG 'O home perfecto' brilla na súa preestrea no Ourense Film Festival

A produción, dirixida por Giselle Llanio e Lucía Estévez, segue as historias de Rebeca e Luísa, vítimas dun home que se fai pasar polo home perfecto

Chegará ao prime time da TVG neste mes de outubro

Polo photocall pasou o equipo da produción, e moitas caras coñecidas do sector audiovisual e da canle pública, antes da proxección do primeiro capítulo no Teatro Principal de Ourense

A estrea tivo lugar no Teatro Principal de Ourense A estrea tivo lugar no Teatro Principal de Ourense
csag.gal 03/10/2025 21:20

Santiago, 03.10.2025.-  Televisión de Galicia preestreou este venres ‘O home perfecto’, a súa nova serie de ficción, no marco do Ourense Film Festival (OUFF). O evento celebrouse no Teatro Principal, cun photocall previo á proxección que reuniu o equipo da produción e numerosas caras coñecidas do audiovisual galego e da canle pública.

‘O home perfecto’, que chegará á pantalla da canle pública neste mes de outubro, é unha produción de Voz Audiovisual para TVG. Está dirixida por Giselle Llanio e Lucía Estévez e conta cun elenco encabezado por Adrián Castiñeiras, Alba Loureiro, Elena Seijo, Desiré Pillado, Xabier Fonseca, Tito Asorey, Carlos Villarino, Andrea Fernández, Marta Doviro e María Costas

A trama da serie segue a Rebeca, de 35 anos, e a Luísa, de 70, dúas mulleres que sen sabelo buscan unha segunda oportunidade tras vidas marcadas pola dor. Ambas caen baixo o engano dun home que se presenta como Gus para unha e Leo para a outra. Encantador e sensible, aparentemente o home perfecto, acaba por desaparecer cos seus aforros e ilusións, deixando tras de si un rastro de vítimas.

A canle pública galega, media partner desta 30ª edición do OUFF, presentou tamén neste festival a comedia ‘Pensión incompleta’, a primeira serie rodada nas catro linguas oficiais do Estado que impulsan EiTB, 3Cat e a CSAG.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade