div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A Televisión de Galicia comenza a temporada como líder absoluto de audiencia

A Galega presentou a súa programación nun ‘Luar’ histórico que dominou a noite do venres cun 16,6%, o mellor dato desde 2023

O espazo presentado Aitana del Mar e Xosé Ramón Gayoso confirma o seu reinado: programa máis visto da xornada, con picos do 21,3% e máis de 260.000 galegos conectados

A TVG liderou toda a xornada (10,7%) con 4 dos 10 espazos máis vistos en Galicia: ‘Luar’, ‘Galicia noticias’, ‘Telexornal mediodía’ e ‘Telexornal serán’

Equipo do programa 'Bailamos Celebrity' da TVG Equipo do programa 'Bailamos Celebrity' da TVG
csag.gal 13/09/2025 13:44

Santiago, 13.09.2025.- A Televisión de Galicia abre a súa nova temporada televisiva da mellor maneira posible: como líder absoluto de audiencia en Galicia cunha cota do 10,7%, deixando atrás a toda a súa competencia no total do día. E aínda houbo máis. Ao igual que o xoves con ‘Land Rober Tunai Show’, este venres, o prime time –a franxa máis disputada do día– tamén tivo dono galego: a TVG acadou un 14,3% de cota, 3,4 puntos por riba do seguinte competidor, sendo a referencia no horario estrela.

O novo ‘Luar’, conducido por Aitana del Mar e Xosé Ramón Gayoso, foi o espazo elixido para facer a presentación da tempada 25/26 da TVG e da Radio Galega, congregando no seu escenario unha ampla representación de presentadores de programas e informativos da Galega, e a resposta do público foi outorgarlle o liderado de audiencia. O ‘Luar’ obtivo unha cota do 16,6%, con picos de ata o 21,3% ás 23:55 horas. Ademais, foi a emisión que máis galegos reuniu ao longo da xornada: 264.000 persoas conectaron nalgún momento coa súa emisión.

Os resultados de ‘Luar’ confirman un regreso ás mellores marcas do programa nos últimos anos, desde setembro de 2023.

Os informativos, referentes de confianza

Os informativos da TVG foron os máis vistos da temporada de verán en Galicia, segundo os datos de Kantar Media. Para comenzar este curso, no día de onte venres, os tres informativos principais da canle estiveron xunto co ‘Luar’ no ranking das dez emisións máis vistas do día en Galicia: o ‘Telexornal mediodía’ acadou unha cota do 15,1%, o Telexornal serán’ un 12,5% e, pola súa parte, o ‘Galicia noticias’ sumou un destacado 16,7% de cota.

A forza da Galega entre as públicas

Dentro do panorama das canles públicas, a TVG superou amplamente a TVE no total do día e no prime time, e tamén actuou como motor da FORTA, superando en 2,2 puntos a media do grupo. No prime time, a posición da TVG foi máis destacada, con case 5 puntos por riba da media das autonómicas, e 7 sobre TVE.

Con estes resultados, a Televisión de Galicia arrinca a temporada como a opción preferida polos galegos, liderando a información, o entretemento e a vida social do país, e reforzando o seu papel como canle de referencia e identidade propia dentro do panorama televisivo estatal.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade

div-crtvg-top2

Publicidade