div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A TVG chama o talento musical galego a crear 'A canción do Nadal 2025'

O tema gañador, que se fará público o 10 de decembro, converterase na banda sonora do Nadal dos medios públicos galegos

csag.gal 28/10/2025 10:29

Santiago, 28.10.2025.-  A Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG) pon en marcha unha nova edición do certame ‘A canción do Nadal’, que busca, entre as propostas recibidas de toda Galicia, a mellor banda sonora para acompañar os espectadores durante as festas de Nadal de 2025.

As persoas interesadas en participar poderán presentar as súas cancións orixinais e inéditas, escritas en lingua galega e cunha duración máxima de tres minutos, ata o 9 de decembro de 2025 ás 23:59 horas. Os temas, de temática libre e espírito de Nadal, enviaranse en formato .mp3 (e opcionalmente cun vídeo musical en .mp4) ao enderezo canciondonadal2025@csag.gal.

O premio para a canción gañadora será de 1.500 euros brutos, e a peza seleccionada converterase na banda sonora oficial do Nadal 2025 nos servizos audiovisuais e dixitais da Corporación. Ademais, o tema premiado terá difusión na televisión e radio públicas galegas, así como nas redes sociais da CSAG.

As cancións serán valoradas por un xurado, composto por cinco membros designados pola dirección da Corporación, segundo criterios de orixinalidade, calidade técnica e valor audiovisual. O 10 de decembro farase público o tema gañador e unha lista puntuada ata o quinto posto na web www.csag.gal, onde tamén se poden consultar as bases completas do concurso. 

Esta é a décimo primeira edición deste certame musical, que o ano pasado gañou Christian Pensado co tema ‘Luz xigante’.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade