div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A TVG estrea 'Casa de cor', o novo formato de decoración que transforma os fogares galegos en 48 horas

Dani Polo lidera este novo espazo de decoración e organización (22:45 h) xunto a Ana Barja e Eduardo Figueiredo, que afrontan dous retos en cada entrega cun orzamento limitado

csag.gal 02/06/2026 00:01

Santiago, 2.6.2026.-  A TVG estrea este martes en ‘prime time’ ‘Casa de cor’, un novo formato de decoración e organización encabezado por Dani Polo, que percorrerá Galicia para transformar as estancias máis desordenadas, anticuadas ou desaproveitadas dos fogares galegos. En cada programa, dous expertos terán só dous días e un orzamento pechado para conseguir cambios sorprendentes e mellorar a vida dos seus protagonistas.

Para conseguir os cambios, o programa contará con Ana Barja, organizadora profesional especializada en optimización de espazos, e con Eduardo Figueiredo, pintor e especialista en alta decoración. Ambos amosarán solucións creativas, prácticas e accesibles para conseguir que calquera fogar ‘semelle de revista’.

Ao longo da tempada, ‘Casa de cor’ intervirá nunha vintena de estancias reais de fogares galegos co obxectivo de poñer orde, achegar cor e facer realidade os soños decorativos dos seus protagonistas. O equipo do programa e os expertos traballarán en cada transformación buscando non só mellorar os espazos, senón tamén sorprender os participantes co resultado final das actuacións. As reformas amosarán que, con só dous días de traballo, un orzamento reducido e moita creatividade, é posible conseguir cambios espectaculares e solucións prácticas para o día a día.

Dous retos por programa
    
No primeiro programa, ‘Casa de cor’ coñecerá dúas historias moi diferentes cun mesmo obxectivo: gañar funcionalidade, orde e personalidade nos seus fogares. Os expertos visitarán a Noemí e á súa filla adolescente, Martina, que precisa transformar o seu dormitorio nun espazo máis acorde coa nova etapa da súa vida. Ao mesmo tempo, tamén coñecerán a Loreto, propietaria dunha sala de estar completamente ateigada que pide unha solución práctica e funcional.

Dúas casas, dous retos e un mesmo desafío: conseguir espazos pensados para vivir mellor.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade