div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

A TVG, líder en Galicia e a canle autonómica máis vista

A terceira onda do EXM deste 2023 sitúa a canle galega como líder absoluta en Galicia, cun 20,8% de cota tanto de luns a venres como na semana completa

Televisión de Galicia lídera tamén o grupo de FORTA, 2,7 puntos por riba da seguinte canle, TV3

A TVG lidera en todas as franxas informativas do día: 25,7% na franxa da mañá; 35,3% na franxa de sobremesa e 16,2% na franxa da noite

Momento do 'Telexornal Mediodía', presentado por Marta Darriba Momento do 'Telexornal Mediodía', presentado por Marta Darriba
crtvg.gal 30/11/2023 12:59

Santiago, 30.11.2023.-   Os datos da terceira onda do Estudo Xeral de Medios (EXM) publicados este xoves sinalan a Televisión de Galicia como a canle líder na comunidade cunha cota do 20,8%, tanto de luns a venres como no conxunto da semana, e como referente informativo absoluto da sociedade galega.

Con este 20,8%, a TVG é líder con 6,9 puntos máis, de luns a venres, que o seguinte competidor, Antena 3, e case duplicando os resultados da outra canle pública que emite en Galicia (TVE, 11,78%).

No mediodía, ‘Galicia Noticias’ e o ‘Telexornal’ marcan o liderado informativo

 A audiencia dos informativos da Galega non deixa de medrar neste 2023. Na sobremesa, ‘Galicia Noticias’ e ‘Telexornal Mediodía’ marcan o liderado informativo. Na franxa entre as 13:00 e as 17:00 h, a TVG acada o 35,3% de cota de pantalla, case triplicando a audiencia de TVE (cunha media do 13,2%). E no tramo inicial do ‘Telexornal Mediodía’, de 14:30 a 15:00 h,  chégase ao 47,8% de cota.

Os bos datos reflíctense desde primeira hora: o matinal ‘Bos Días’, na franxa de 8:30 a 13:30, consegue un 25,7%. Polas tardes, entre as 17:00 e as 20:00 h, a franxa de entretemento acada o 11,6%. E a franxa da noite, que contén a cita informativa do ‘Telexornal Serán’, acada o 26,5%, segundo os datos do EXM desta última onda do ano.

Na franxa de noite (entre as 20:00 e as 04:00), a TVG acada tamén o liderado en Galicia cunha cota do 16,2%, a 1,6 puntos de distancia do competidor máis próximo (Antena 3, cunha cota do 14,6%). Destacan sobre todo os luns, cunha cota do 23,1%.

Por días da semana, o Estudo Xeral de Medios salienta as cotas de pantalla acadadas os luns, cun 26,8%, e os domingos, cun 22,9%.

TVG é líder tamén das canles autonómicas

Entre as televisións autonómicas reunidas baixo o paraugas de FORTA, Televisión de Galicia é a que acada maior cota, superando nesta onda do EXM en 2,7 puntos de cota ao seguinte competidor, TV3 (18,1%), no conxunto da semana. De luns a venres, a cota da canle galega, 20,8%, atópase a 1 punto de cota de TPA (19,8%).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
NOTICIAS CORPORATIVAS

div-crtvg-top2

Publicidade