div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

A TVG remata o ano como a canle máis vista de Galicia

Os datos do EXM, tanto da 3 Onda como o interanual, outorgan á Galega o primeiro posto de entre todas a canles públicas e privadas.  

No ano 2024 a TVG rexistrou unha cota de pantalla do 20,1%, case duplicando a TVE (11,3%) e superando máis de 7 puntos a A3.

TVG é a máis vista no mediodía, cun bloque informativo que se dispara nesta última onda do ano ata o 35,8% de cota, entre o ‘Galicia noticias’ e ‘Telexornal mediodía’

Na franxa das mañás tamén lidera a TVG, cunha cota do 20,9%, superando o seu competidor máis próximo, La Sexta (16,8%), en 4,1 puntos 

A Galega repite liderado entre as canles autonómicas reunidas en FORTA 

A Radio Galega, con 117.000 oíntes de luns a domingo, cuadruplica a audiencia de RNE (28.000) e o conxunto de emisoras da RG medra ata os 152.000 oíntes

O ‘Galicia en Goles’ de Xoan Galán marca o seu mellor rexistro histórico, con 150.000 oíntes

crtvg.gal 10/12/2024 11:35

Santiago, 10.12.2024.-   Televisión de Galicia remata o ano como comezou, sendo a  canle máis vista de Galicia, segundo os datos coñecidos hoxe da terceira onda do Estudo Xeral de Medios (EXM), no que están reflectidos os resultados de todos os grandes grupos de comunicación de España, tanto públicos como privados.

A TVG liderou en todas as ondas dos EXM do ano, e a terceira onda do Estudo Xeral de Medios non foi unha excepción. Os datos de todo o ano 2024 apoian este liderado cunha cota do 20,1%, case duplicando os resultados de TVE (11,3%) e avantaxando en máis de 7 puntos a seguinte canle privada (Antena 3, cun 12,7%). 
        
Líderes en informativos

Os galegos elixen maioritariamente a TVG para informarse. Na franxa da mañá (08:00 a 13:30 h), a que abrangue desde o ‘Bos días’ ata ‘O Termómetro’, a cota é do 20,9%, superando o seu competidor máis próximo nesta franxa, La Sexta (16,8%), en 4,1 puntos de share. E na franxa de informativos máis vista do día, a do mediodía (entre as 13:00 e as 17:00 h, co bloque informativo ‘Galicia Noticias’ mais ‘Telexornal Mediodía’), a TVG segue a liderar e sobe unha vez máis en audiencia, ata acadar o 35,8% de cota de pantalla, superando a Antena 3 (10,8%) e a RTVE con 5,6%.

Líder tamén entre as canles autonómicas

Entre as televisións autonómicas reunidas na FORTA, a Televisión de Galicia tamén remata o ano sendo a canle máis vista todos os días da semana, superando en 1,9 puntos a seguinte canle máis vista da Federación de Organismos Autonómicos.

Por días da semana, destacan as cotas de pantalla acadadas por TVG os venres (23,3%) e sábados (29,6%).

A Radio Galega é a emisora pública líder de Galicia e coa audiencia máis fiel

A Radio Galega é a emisora pública máis escoitada de Galicia. Os datos desta terceira onda do ano do EXM reflicten que o conxunto das emisoras de Radio Galega alcanzan os 152.000 oíntes de luns a venres, un 11% con respecto á onda anterior. A Radio Galega acada os 117.000 de luns a domingo, cuadruplicando en audiencia a outra emisora pública que emite no país (RNE, 28.000 oíntes). No acumulado anual, o conxunto das emisoras da CRTVG logra 133.000 diarios de luns a domingo.

Cómpre salientar o liderado da RG en media de minutos de escoita por oínte, con 138 minutos por oínte, por diante da Cadena SER (135 minutos) e EsRadio (119 minutos). Este dato é o indicador de fidelidade da audiencia, polo que a audiencia da Radio Galega é a máis fiel de Galicia.

Deportes e entretemento na madrugada

‘Galicia en goles’, conducido por Xoán Galán, marca a mellor cifra da súa historia, con 150.000 oíntes na fin de semana. O programa da madrugada, ‘Pensando en ti’, segue a ser líder, con 37.000 ‘orellas peludas’, como se denominan os oíntes do programa conducido por Raquel Rosa, de luns a venres, e por Marcial Mouzo nas fins de semana. 

Esta última onda do EXM deste ano reflicte ademais a notoria suba de Radio Galega Música, que chega aos 39.000 oíntes de luns a venres, o que supón un incremento, o segundo consecutivo, do 160%, con 24.000 novos oíntes con respecto á onda anterior.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade