div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

A TVG retransmitirá os equipos galegos de 1ª RFEF esta temporada

A Televisión de Galicia acaba de chegar a un acordo para televisar unha temporada máis os partidos dos equipos galegos na categoría de bronce do fútbol español 

As retransmisións comezan esta fin de semana co R. C. Celta Fortuna-Unionistas de Salamanca o sábado ás 19:30 h

Os partidos poderán verse en Galicia e no resto de España a través da plataforma AGalega.gal 

crtvg.gal 17/09/2024 17:02

Santiago, 17.09.2024.-  A  Primeira RFEF volve á TVG. No ano en que a Primeira División volveu as pantallas da Televisión de Galicia grazas á emisión dos partidos do R. C. Celta, a Primeira RFEF tamén volve á casa. R. C. Celta Fortuna, C. D. Arenteiro, C. D. Lugo e Ourense CF pelexarán polo liderado do Grupo Primeiro da categoría, e a batalla comeza esta fin de semana, o sábado ás 19:30 h. co R. C. Celta Fortuna-Unionistas de Salamanca.

A TVG e ATM Broadcast, a empresa que posúe os dereitos desta categoría, chegaron a un acordo para a emisión de 50 partidos durante esta temporada e os encontros poderán verse en toda España a través da plataforma AGalega.gal, e tamén na televisión a través G2. A Radio Galega no ‘Galicia en goles’ fará coma sempre tamén especial cobertura da categoría con narración e seguimento dos partidos dos equipos galegos.

AGalega.gal é a plataforma dixital de contidos en galego máis grande do mundo e pode accederse a ela de balde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade