div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Aberto desde este luns o prazo de votacións para os I Premios AGalega.gal

Hai 11 categorías, e o público poderá escoller entre series, cine galego, programas, podcasts e contidos infantís e gañar premios

Pódese votar desde as propias plataformas AGalega.gal e AGalegaAudio.gal

Os participantes nas votacións tamén poden gañar premios: unha estancia nunha casa de turismo rural, entradas VIP para ‘Land Rober Tunai Show’ e entradas para a ‘Gala de fin de ano’ da TVG

Os premios anunciaranse o 6 de marzo nunha gala que se emitirá en AGalega.gal

As tres plataformas (AGalega.gal, AGalegaAudio.gal e Xabarin.gal) superan os 27.000 contidos, no que é a maior oferta audiovisual integramente en galego do mundo
 

crtvg.gal 17/02/2025 11:54

Santiago, 17.02.2025.- A CRTVG abriu este luns o prazo de votacións para os I Premios AGalega.gal, cos que a Corporación celebra o primeiro aniversario de vida da súa plataforma dixital. É un concurso aberto a todos os seguidores que poden votar as súas series favoritas, os mellores contidos para escoitar no coche ou para ver no autobús, o mellor podcast, o espazo de entretemento máis valorado ou a mellor serie infantil. En total, hai 11 categorías e seis programas en cada unha delas.
 
Pódese votar desde a ligazón que se atopa nas propias plataformas AGalega.gal e AGalegaAudio.gal. O prazo para a votación queda aberto ata o 5 de marzo ás 12.00 h.
 
Ademais, os votantes tamén poden levar premio. Entre todos os participantes nas votacións sortearanse varias experiencias: unha estancia nunha casa de turismo rural, dúas entradas VIP para asistir ao programa ‘Land Rober Tunai Show’ e dúas entradas para a vindeira ‘Gala de fin de ano’ da TVG. 
 

A CRTVG organizará unha gala de entrega dos galardóns, o 6 de marzo, nun evento que se poderá seguir en AGalega.gal. Ese mesmo día anunciaranse os gañadores dos premios entre todos os votantes.
 
Entre as tres plataformas, AGalega.gal, AGalegaAudio.gal e Xabarin.gal, a cifra de usuarios chega xa preto dos dous millóns e superando os 11 millóns de páxinas vistas. O 60 % do consumo faise desde dispositivos móbiles, o que cumpre co obxectivo marcado en xaneiro de 2024 de achegar os contidos en galego á audiencia máis nova.
 
En total, a día de hoxe, son 27.308 os contidos dispoñibles para o seu consumo a demanda, formando, tanto de forma individual como no conxunto das tres plataformas, a maior oferta de contidos en galego do mundo, e sen custo para o usuario. Esta oferta compleméntase coa emisión do sinal en directo das canles TVG, G2, Radio Galega, Radio Galega Música, Son Galicia Radio, Radio Picariña, e das canles temáticas de Xabarín: Pequerrech@s, Cativ@s e Mociñ@s.
 
A plataforma dixital fixo en xaneiro un ano de vida e os datos reflicten unha penetración extraordinaria na sociedade galega e fóra de Galicia, o que levou a AGalega.gal a colocarse no TOP 10 de plataformas máis vistas de España, sendo xunto coa de 3CAT as dúas únicas OTT deses dez primeiros postos que non emiten en castelán. AGalega.gal foi tamén visualizada en máis de 200 (203) países, entre os que destacan, polo seu consumo, o Reino Unido, os Estados Unidos, Suíza ou A Arxentina.

-----------------------

Xúntase a continuación listaxe completa de programas e categorías:

ESPAZOS FINALISTAS I PREMIOS 
AGALEGA.GAL


1.Para ver cos amigos
    1. Salvaxe
    2. A previa
    3. O armario
    4. Sen saída
    5. Un prato ao día
    6. Recollendo músicas 

2.Para poñer na clase
    1. Nosoutras
    2. Xa choveu
    3. San Simón, colonia penitenciaria
    4. Incalculable
    5. Curando o mundo 
    6. Pasou o que pasou

3.Para saber máis de nós
    1. Historias de aquí
    2. A grande epopea de Galicia 
    3. Os andamios da historia
    4. Galegos
    5. Os marcos invisibles
    6. Os castelos 

4.Para ver no bus
    1. Se ti souberas
    2. Música no foco 
    3. Danza no foco 
    4. Vida salvaxe
    5. Xeración 0
    6. Contando historias 

5.Para desconectar 
    1. A coral 
    2. Na Gloria
    3. Matria
    4. Sica
    5. O corpo aberto
    6. O home e o can

6. Mellor microserie de Agalega.gal 
    1. Terapia de parella
    2. Pringadas
    3. Rent a pal
    4. E logo, quen foi? 
    5. A Ghavota 
    6. A arte de ser mal pai

7.Viva a diversidade
    1. Raíña-me
    2. Sexo con senso 
    3. É pecado
    4. Elisa e Marcela
    5. Bruxas
    6. Noite irisada 

8.Orgullo ‘friki’
    1. Unicorn Wars
    2. Os metarquivos
    3. The feed
    4. Xogando en galego
    5. A miña mascota fala
    6. Anime

9.A serie da túa vida
    1. Pratos combinados
    2. Mareas vivas 
    3. Matalobos
    4. Serramoura
    5. Padre Casares
    6. As leis de Celavella

10.Mellor serie galega de Xabarin.gal
    1. Bibopalula
    2. Os bolechas: Historia de Galicia
    3. Os bolechas exploradores 
    4. Picariños
    5. Os argonautas
    6. Bechos

11. Mellor podcast de Agalegaaudio.gal
    1. Movendo os marcos
    2. Galicia(É)uropa
    3. Superando a ficción 
    4. Un ollo de vidro 
    5. Na fin do xogo
    6. Polisón 


 


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade