div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

AGalega.gal celebra a Semana Grande de Galicia cunha nova canle dedicada ao 40º aniversario da TVG e con cinema galego de estrea

Poranse á disposición as películas ‘Amigos ata a morte’ e ‘Salta!’ e a curtametraxe ‘O niño dos paxaros’

Ademais, a plataforma dos medios públicos estreará a serie documental ‘O gran camiño, grandes rutas a pé do mundo’ e ofrecerá a última entrega da sección ‘Os programas da túa vida’, dedicada á década 2015-2024 

csag.gal 21/07/2025 13:32

Santiago, 21.07.2025.-    A plataforma AGalega.gal ofrece durante este semana, en que se celebrará o Día de Galicia, unha morea de contidos relacionados con esta data e co 40º aniversario da Televisión de Galicia, que se cumpre o 24 de xullo.

Para abrir boca, a canle dixital dos medios públicos galegos estrea este luns a serie documental ‘O gran camiño, grandes rutas a pé do mundo’. Nela, unha parella galega percorre as grandes rutas a pé do mundo nunha aventura a través de desertos, selvas tropicais, alta montaña, paraísos naturais, marabillas do mundo e monumentos. Poranse á disposición os catro primeiros capítulos: Camiño da Cresta do Pacífico, nos EUA; Camiño Inca, no Perú; Camiño de Kumano, no Xapón, e Camiño de Santiago, en España. Cada luns estrearase un novo capítulo.

O martes ofrecerase a última entrega da sección ‘Os programas da túa vida’, coa que a Televisión de Galicia celebra os seus 40 anos. Desta volta, lembrarase a década 2015-2024, en que destacan contidos como ‘Era Visto!’, ‘Desmontando Galicia’, Cos Pés na Terra’, ‘Vivir Aquí’, ‘Embarcados’, ‘Galegos’, ‘Larpeiros Social Club’, ‘Os Castelos’ ou ‘Os Castros’. E, para seguir celebrando o aniversario, o xoves 24 de xullo, día en que se cumpren os 40 anos da primeira emisión da TVG, porase en marcha, durante un mes, unha nova canle en directo en que se lembrarán programas históricos.

O cinema galego tamén terá gran protagonismo durante estes días. Así, o mércores 23 estrearase en AGalega.gal a longametraxe ‘Amigos ata a morte’, comedia dramática protagonizada e dirixida por Javier Veiga que conta a historia de María, Nacho e Suso, tres amigos de toda a vida. De súpeto, a dous deles vailles tocar compartir o segredo de que o outro vai morrer. Pero antes quédalles moito por facer: plans, promesas, reproches, risas, reconciliacións, lembranzas, máis risas, algunha bágoa… e algo pendente que quizais chegou a hora de destapar. 

Ese día tamén se estreará a curtametraxe ‘O niño dos paxaros’, dirixida por Lucía Estévez. A través dun taller de Vigo, os espectadores coñecerán a vida dun rapaz nos anos 80, quen, coma un pardal, se refuxiou entre a maquinaria para sobrevivir. 

O día 24, a novidade cinematográfica será o filme galego ‘Salta!’. Os seus protagonistas son Óscar e Teo, dous irmáns de 11 e 13 anos, moi diferentes entre si, que viven nun modesto piso de barrio. No verán de 1989, cada un lida ao seu xeito coa perda de súa nai, unha prometedora científica que desapareceu mentres investigaba os buracos de verme. Un día Teo atopa un grazas ás pistas da última carpeta onde gardaba a información. Enfadado porque Óscar non o cre, Teo lanza ao buraco a tartaruga do seu irmán. 

Ademais, a través de AGalega.gal, os espectadores poderán ver todos os espazos da oferta especial desta semana na TVG, como a entrega das Medallas de Galicia (día 24 ás 13:00 h), o programa ‘Mirade para arriba’, un espectáculo inédito con máis de 200 drons que voarán sobre o ceo de Sanxenxo, a retransmisión dos Fogos do Apóstolo e a gran gala ‘Día G’, que será o colofón da celebración dos 40 anos da Televisión de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade