div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

AGalega.gal estrea hoxe 'Espazo mural', un programa sobre o mundo do graffiti e os artistas urbanos galegos

Con esta nova incorporación, os usuarios da plataforma dixital asistirán ao proceso creativo destes artistas, que realizan murais en Galicia
 
Desde o mércores estará dispoñible a serie británica ‘O chofer’, con David Morrisey e Colm Meaney nos papeis protagonistas 

A curtametraxe galega ‘O coidado’, unha reflexión sobre a soidade e a tecnoloxía de Miguel Canalejo, chega á plataforma o xoves

crtvg.gal 11/02/2025 10:30

Santiago, 11.02.2025.-    Esta semana AGalega.gal incorpora novas producións audiovisuais e un novo programa á súa oferta. Cómpre salientar a estrea na plataforma este martes de ‘Espazo mural’,  programa que se mergulla no mundo do graffiti e a arte urbana, mostrando o proceso creativo de diversos artistas galegos, que transforman espazos en auténticas obras de arte.

O catálogo amplíase, amais, con novos contidos como a serie británica ‘O chofer’ (mércores 12), protagonizada por David Morrissey e Colm Meaney, que introduce os espectadores no mundo do crime a través da historia dun taxista atrapado nunha rede de delincuencia. A vida dun taxista, cansado de lidar con pasaxeiros difíciles, cun coche en mal estado e cun soldo miserable, cambia drasticamente cando o xefe dunha banda criminal (Colm Meaney) lle ofrece traballo, cun auto de luxo, bo salario e total dispoñibilidade.

O xoves 13 será a quenda da curtametraxe galega ‘O coidado’, unha reflexión sobre a soidade e a tecnoloxía. Esta curta dirixida por Miguel Canalejo aborda os problemas dun home para vivir só, polo que recibe o envío dun androide para mellorar a súa calidade de vida. Esta mesma xornada tamén estará dispoñible, despois da súa emisión na TVG, o thriller ‘Vixiados’, en que dúas parellas alugan unha casa para unha escapada de fin de semana, pero axiña sospeitan que o caseiro se dedica a espialos.

Cara á fin de semana, AGalega.gal sumará máis novidades, coa comedia romántica ‘Cuestión de paciencia’ (venres 14), onde unha cociñeira se debate entre o amor e os seus soños profesionais, e o drama ‘Unha cita no parque’ (sábado 15), unha emotiva historia sobre segundas oportunidades.

E como é habitual, o luns 10 de febreiro estará dispoñible tamén unha nova entrega do reality máis atrevido da plataforma da CRTVG, ‘Salvaxe’. Os concursantes enfrontaranse nesta décimo primeira entrega a novos retos e decisións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade