AGalega.gal ofrece en exclusiva o concerto extraordinario 'Mine Kawakami e o piano de cristal', celebrado na catedral de Santiago - CRTVG
AGalega.gal ofrece en exclusiva o concerto extraordinario 'Mine Kawakami e o piano de cristal', celebrado na catedral de Santiago
Desde esta semana, a plataforma pon á disposición do público este contido, despois do seu éxito na catedral o 25 de xaneiro, coa cabida completa
A pianista xaponesa Mine Kawakami interpretou a súa obra nun dos únicos catro pianos de cristal que existen no mundo

Santiago, 04.03.2025.- AGalega.gal ofrece desde esta semana, en exclusiva, o concerto ‘Mine Kawakami e o piano de cristal’, celebrado na Catedral de Santiago o pasado 25 de xaneiro, coa cabida completa. A catedral foi o escenario dun evento musical extraordinario, ofrecido pola pianista xaponesa Mine Kawakami co piano de cristal KAWAI CR-M1, do que só existen catro no mundo, que foi traído a España especialmente para a ocasión.
O concerto, en que a artista estivo acompañada polo organista da catedral, Adrián Regueiro, acadou un completo éxito de público, ao que moitas persoas non puideron acceder polo ocupación do recinto, e queda agora a disposición de todos os espectadores na plataforma dixital dos medios públicos, AGalega.gal.
Nada no Xapón e residente en Santiago, a compositora e pianista Mine Kawakami atesoura unha exitosa carreira internacional. Tocou en lugares Patrimonio da Humanidade, como a mesquita de Córdoba, O Escorial e a Catedral de Santiago. Cunha discografía que inclúe 15 traballos, Kawakami exerceu tamén de directora musical en eventos internacionais, como o Xacobeo 2010 ou a conmemoración do 400 aniversario da amizade O Xapón-España. As súas obras retratan vividamente o Camiño de Santiago, as paisaxes e a xente de Galicia cos 88 sons do piano.