div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Anita Mateu desvela o novo proxecto da TVG para espallar o galego entre os neofalantes

A popular influencer cubana, residente en Galicia, asumiu o reto proposto pola Corporación de falar galego en 100 días, prazo que se cumpre xustamente o Día das Letras Galegas

‘Bótalle Azucre’ supera xa os 2 millóns de visualizacións nas redes sociais e conta a experiencia dunha persoa estranxeira que aprende galego desde cero

Mateu presentou este xoves o proxecto no estudio do magazine ‘O Termómetro’ da TVG e do ‘Galicia por Diante’ da Radio Galega

crtvg.gal 10/04/2025 16:17

Santiago, 10.04.2025.-   ‘Instagal’, ‘DígochoEu’ e agora tamén ‘Bótalle Azucre’. A TVG segue a promover o galego tamén nas redes sociais, e para iso deseñou un proxecto específico dirixido desta volta aos neofalantes. A complicidade de Anita Mateu foi chave para levar adiante este novo reto lingüístico da TVG, ‘Bótalle Azucre’, en que a influencer asumiu o reto de aprender galego en 100 días. Mateu, que leva xa máis de dous meses detrás desta iniciativa, ten que ser quen de manter unha primeira conversa fluída en galego nese tempo, prazo que se cumpre xustamente o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas.

A youtuber e influencer cubana está aprendendo galego con esta iniciativa dos medios públicos, coa que xa conectaron máis de medio millón de persoas en YouTube, Instagram e TikTok. Nos seus posts, Mateu comparte diariamente anécdotas arredor da lingua, reflexións e aplicacións que vai descubrindo a medida que usa o galego no seu día a día.

Ata agora, xa se emitiron 10 episodios semanais deste reality na nova canle de Youtube youtube.com/@botalleazucre, aínda que os seus progresos tamén se poden seguir en pequenas pílulas nas contas de @botalleazucre en Instagram e TikTok. Nestes episodios, Anita vai aprendendo galego pola súa conta, atendendo tamén as interaccións do público, que a axuda a mellorar mediante correccións nos comentarios. O proxecto está tendo unha grande acollida e milleiros de persoas están apoiando a Anita, que xa se está convertendo en toda unha ‘embaixadora do galego’ entre as persoas de fóra que veñen vivir a Galicia.

Anita Mateu, que reside en Carballo (A Coruña) desde hai dous anos, conta na actualidade con máis de 1 millón de seguidores en redes sociais: case medio millón en Youtube, 370.000 en Instagram e 280.000 en TikTok.

Con este novo proxecto, a TVG está a achegarse á gran comunidade composta polos novos galegos, moitos deles procedentes de América, que coñecen a nosa lingua pero aínda non a falan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
NOTICIAS CORPORATIVAS

div-crtvg-top2

Publicidade