div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Arranca unha renovada edición de 'Recantos' en 'Luar', cunha vintena de voces e con Boris Izaguirre e a mezzosoprano Nuria Lorenzo no xurado

O certame musical reforza a súa identidade cun novo xurado e maior protagonismo das historias persoais dos recanteiros

Tras ser líder na súa estrea, ‘Luar’ regresa este venres á TVG (22:30 h) tamén coa música de Tamara, Xur, a Orquestra Triunfo e a agrupación Sadeo

csag.gal 19/09/2025 00:01

Santiago, 19.9.2025.-  A 16ª edición de ‘Recantos' bota a andar esta noite en 'Luar' (22:30 h), que estreou a tempada con liderado de audiencia, novo estudo, imaxe renovada e a chegada da influencer e xornalista Aitana del Mar para acompañar a Xosé Ramón Gayoso na copresentación.

Unha vintena de novos talentos procedentes de toda Galicia, do Bierzo e da Fronteira portuguesa subirán ao escenario dispostos a amosar as súas voces e tamén as súas historias persoais, que terán este ano unha maior presenza no programa. Coñecerase máis de preto a vida e os contextos familiares de cada participante.

O xurado chega tamén reforzado nesta edición, formado polo escritor, presentador e showman, Boris Izaguirre, a mezzosoprano e catedrática de canto do Conservatorio da Coruña Nuria Lorenzo e polo incombustible Manuel de Andrade.

Gayoso e Aitana presentarán un a un os novos recanteiros esta noite, en que a competición comezará con Cris (Lugo Sur), que interpretará ‘Pídechas o corpo’, e Mariana (Fronteira de Portugal), con ‘Resistirei’. Xuntas cantarán tamén “Perfidia”.

No apartado musical, o programa contará coas actuacións da cantante de boleros e baladas Tamara, que ofrecerá temas recentes como ‘Un paso más’ e a súa versión de ‘Si no te hubieras ido’; de Xur, de Lira, con ‘Ondas de Lira’, ademais da Orquestra Triunfo e da agrupación tradicional Sadeo de Ortigueira. O humor correrá a cargo de Don Prudencio e Aquilino, completando unha edición en que a música e o espectáculo volven ser marca da casa en ‘Luar’.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade