div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

As longametraxes da TVG 'As Neves', 'Honeymoon' e '+Cuñados' copan as candidaturas finalistas aos Premios Mestre Mateo 2025

Xunto coa serie ‘Rapa’, as tres producións da Galega optan a gañar nas principais categorías 

No apartado a Mellor Comunicador compiten Estíbaliz Veiga, por ‘Din que non falan’, Juan Fuentes, por ‘Quen anda aí’, e Paco Lodeiro, por ‘Atrápame se podes’

En Mellor Programa, foron seleccionados os espazos da TVG ‘Cos pés na terra’, ‘Nosoutras’ e ‘Recollendo músicas’, todos dispoñibles na plataforma AGalega.gal

crtvg.gal 06/02/2025 14:42

Santiago, 06.02.2025.-  Tres longametraxes participadas pola TVG, ‘As Neves’ (13 candidaturas), ‘Honeymoon’ (con 10) e ’+ Cuñados’ (con 8) copan as candidaturas finalistas aos Premios Mestre Mateo deste 2025, xunto coa serie ‘Rapa’.

‘Honeymoon’ coloca tres dos seus intérpretes nas categorías finalistas, Javier Gutiérrez como protagonista e Antonio Durán ‘Morris’ e María Vázquez en elenco. Completan as categorías de interpretación protagonista Federico Pérez, por ‘+ Cuñados’;  Carmen Machi, por ‘Tratamos demasiado bien a las mujeres’; Andrea Varela, por ‘As Neves’, e Lucía Veiga, por ‘Na Gloria’, que tamén consegue ser finalista en elenco por ‘As Neves’. 

No apartado a Mellor Comunicador compiten Estíbaliz Veiga (‘Din que non falan’), Juan Fuentes (‘Quen anda aí’), e Paco Lodeiro (‘Atrápame se podes’). No apartado de Mellor Serie de TV, compite polo Mestre Mateo a serie da Televisión de Galicia e a produtora Undodez ‘Bibopalula’, dispoñible en Xabarin.gal. 

Como finalistas a Mellor Longametraxe, TVG conta con ‘Xustiza artificial’, amais de ‘As Neves’, ‘+ Cuñados’ e ‘Honeymoon’, filmes tamén finalistas no apartado á Mellor Dirección, Sonia Méndez, por ‘As Neves’; Luis Avilés, por ‘+ Cuñados’, e Enrique Otero, por ‘Honeymoon’.

Na categoría de Mellor Programa, foron seleccionados os espazos da TVG ‘Cos pés na terra’, ‘Nosoutras’ e ‘Recollendo músicas’, todos eles dispoñibles na plataforma dixital dos medios públicos, AGalega.gal. Os catro documentais finalistas son producións participadas pola TVG: ‘Aurora’, ‘Filmei paxaros voando’, ‘Prefiro condenarme’ e ‘Salvaxe, salvaxe’.

Na categoría de Dirección de Produción foron elixidas finalistas as producións da TVG ‘+ Cuñados’, 'As neves', e ‘Prefiro condenarme’. En Mellor Dirección de fotografía compiten tres producións apoiadas pola canle: Alberte Branco, por ‘Prefiro condenarme’; Lucía C. Pan, por ‘As Neves’, e Sergio Franco, por ‘Honeymoon’. E en Mellor Dirección de Arte, Andrea Pozo, por ‘+ Cuñados’; Curru Garabal, por ‘Tratamos demasiado bien a las mujeres’, e Elia Robles, por ‘As Neves’. 

Compiten tamén na categoría de Mellor Montaxe ‘Honeymoon’, ‘As Neves’ e ‘+ Cuñados’. As producións da canle galega son tamén finalistas nas categorías de Maquillaxe e Peiteado e Vestiario, entre outras. No apartado de Mellor Serie Web competirá ‘Pringadas’ con participación da TVG.

A Academia Galega do Audiovisual celebrará a gala de entrega de premios o vindeiro 15 de marzo no Lalín Arena de Lalín (Pontevedra), presentada pola actriz Teté Delgado.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade