div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Canons de beleza, autoestima e sexo sen complexos, esta noite, en 'Malas Pécoras', coa participación de Teté Delgado e Marta Álamo

O programa (22:00 h) afondará na presión estética, os trastornos da alimentación e as cirurxías íntimas da man do cirurxián plástico Alejandro Quinto

csag.gal 11/07/2026 02:00

Santiago, 11.07.2026.-    A actriz Teté Delgado e a modelo e creadora de contido Marta Álamo visitan esta semana ‘Malas Pécoras’ para participar nunha nova noite de humor, confidencias e conversas sen filtros arredor do corpo, a autoestima, a presión estética e a sexualidade. María Mera e Eva Iglesias volverán poñer sobre a mesa cuestións que nos afectan a todos nunha sociedade onde sempre parece haber algo que cambiar. 

Quen decide o que é un corpo perfecto? Ata que punto vivimos condicionados pola ollada dos demais? É posible sentirse ben cun mesmo nun mundo en que as modas cambian constantemente? Ao longo da noite, as convidadas compartirán experiencias moi persoais sobre a relación co seu propio corpo, a aceptación e a importancia de construír unha autoestima que vaia moito máis alá da aparencia. 

Marta Álamo falará con total sinceridade do trastorno da conduta alimentaria que marcou unha etapa da súa vida e de como conseguiu saír adiante. Pola súa parte, Teté Delgado lembrará como o seu físico chegou a converterse en noticia cando deu o salto á televisión e reivindicará que o talento, o sentido do humor ou a personalidade nunca deberían quedar en segundo plano. 
    
Como xa é habitual, o ‘Test das Pécoras’ volverá sorprender as convidadas con preguntas inesperadas sobre primeiras veces, rupturas, relacións e confesións que prometen máis dun momento divertido. Ademais, un novo xogo porá a proba a intuición das protagonistas: só vendo a descrición de usuarios sen foto, a cantos aceptarían coñecer? 

Nesta entrega do programa tamén haberá espazo para desmontar mitos arredor das cirurxías íntimas. Existen realmente todas esas intervencións das que tanto se fala? Son cuestións estéticas ou responden tamén a necesidades funcionais? Que tratamentos son os máis demandados por mulleres e homes? Para responder a estas preguntas visita o programa o cirurxián plástico Alejandro Quinto, que explicará as tendencias que están a cambiar a forma de entender a estética íntima. 

Pola súa parte, Roi Méndez volverá converterse en ‘Detective sexual’ cun caso que promete dar moito que falar. Un rumor apunta a que un coñecido rostro da televisión galega practica sadom

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade