div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Celebración por todo o alto este xoves no 'Land Rober Tunai Show', que alcanza os 400 programas

Nesta edición tan especial o programa da TVG recibirá a visita do coruñés Lucas Yáñez, campión de Europa de patinaxe artística, e contará coa música de Ortiga

csag.gal 18/09/2025 02:00

Santiago, 18.09.2025.-    ‘Land Rober Tunai Show’ (21:50 h) está este xoves de parabéns, xa que fai nada máis e nada menos que 400 programas, todo un fito para un espazo semanal, que o sitúa xa como un referente a nivel nacional. Presentado por Roberto Vilar e coa colaboración de Eva Iglesias e Roi Méndez, ofrece cada semana dúas horas de humor en directo que gozan co favor da audiencia.

O programa da Televisión de Galicia celebra esta edición número 400 recibindo todo un campión de Europa: o patinador coruñés Lucas Yáñez, que acaba de facer historia na localidade italiana de Trieste ao conseguir a medalla de ouro na categoría sénior de patinaxe artística. Será posto a proba polo público do ‘Land Rober Tunai Show’,  que ademais vai ter un reto especial para festexar esta noite. 

Como a actualidade manda, os espectadores descubrirán a nova aeroliña low cost, tan low que vai por terra. Ademais, poderán ver como se conserva o home escollido para chegar aos 150 anos. Será recoñecido? O toque musical virá da man de Ortiga e a súa banda. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade