div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Dúas novas entregas de 'O amor está en Galicia' esta noite na TVG, con citas en iate e na contorna do Salnés

Un mariñeiro e unha aventureira comparten cita no mar, mentres as outras parellas, entre elas dous encontros internacionais, buscan unha segunda oportunidade no amor en Sanxenxo

csag.gal 18/03/2026 00:01

Santiago, 18.3.2026.-    ‘O amor está en Galicia’ (22:40 h) continúa a súa viaxe polos recunchos máis fermosos do país con dúas novas entregas que teñen como escenario Sanxenxo e Portonovo, onde o mar e as paisaxes do Salnés acompañan citas a cegas cheas de emoción e sorpresas.

O programa instala na primeira entrega desta noite de ‘O amor está en Galicia’ a súa cabina dos amores no paseo de Silgar para dar paso a dúas citas de carácter internacional. Gabriel Izapaguirre, uruguaio afincado en Galicia, coñecerá a Esther Pillado, axente inmobiliaria de Nigrán, cuxo obxectivo é atopar o seu cuarto marido e que ten moi claro o que busca nunha relación. Pola súa banda, o italiano Simone Panza, residente en Santiago e defensor dunha vida tranquila baseada na meditación e na espiritualidade, atoparase con Sandra Brea, hostaleira compostelá que pode comunicarse en seis idiomas e agarda dar cunha relación estable.

Na segunda emisión, Paco Lodeiro e Laura Boado percorren o paseo de Baltar para presentar dúas historias moi distintas, entre solteiros e solteiras que buscan unha segunda oportunidade no amor. Por unha banda, Xaquín, mariñeiro de Sanxenxo, recentemente divorciado despois dunha relación longa, buscará unha nova oportunidade con Ester, unha cambadesa divertida e aventureira, técnica en prevención de riscos laborais, que leva máis dunha década solteira e que chega ao encontro con moitas ganas de coñecer a alguén especial. A súa cita desenvolverase nun iate, engadindo un toque especial a este encontro romántico. Ademais, Laura, caixeira e apaixonada polo baile de Carballo, coñecerá a Carlos, un programador en proceso de divorcio,  que, tras varias citas a cegas erradas, se define  pouco hábil socialmente.

Entre bromas, confidencias e lugares emblemáticos, ‘O amor está en Galicia’ volve demostrar que o amor pode xurdir en calquera lugar, xa sexa nun paseo á beira do mar… ou mesmo no medio dun iate.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade