div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Dobre entrega de 'Galicia bonita' esta noite con reformas en Salceda de Caselas e Cuntis

Dous traballos condicionados polo carácter de cadansúa protagonista, entre a defensa do equipo de Rosa e a desconfianza ante os cambios

csag.gal 26/11/2025 00:01

Santiago, 26.11.2025.-    ‘Galicia bonita’ (22:45 h) volve este mércores á TVG cunha dobre entrega, que levará o equipo do programa ata Salceda de Caselas e Cuntis. Na primeira obra, en Salceda, unha seguidora incondicional do traballo de Rosa Facal recibe o equipo coa ilusión de transformar a súa vivenda e un pendello para a grella. Porén, a súa teima por defender a arquitecta e por poñer límites ás propostas de Litos provocará certas tensións no proceso dunha reforma que promete non deixar indiferente a ninguén.

A continuación, o programa desprázase ata a comarca de Caldas, concretamente a Vilameán, na parroquia de Estacas (Cuntis). Nesta segunda entrega, Mónica busca recuperar e arranxar a casa familiar na que naceu, coa intención de poder vivir alí a pesar de traballar fóra. Pero a tarefa non será doada: a desconfianza inicial da propietaria cara ao equipo de ‘Galicia bonita’ condicionará o desenvolvemento do proxecto. Nin sequera os consellos da súa irmá Mari Carmen logran que Mónica aprobe con tranquilidade as actuacións previstas, freada polos seus medos ao arrepentimento.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade