div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Dobre episodio de 'O amor está en Galicia', esta noite na TVG

Catro novas citas a cegas, que se desenvolverán entre Monforte de Lemos e Moaña, cun final intrigante

csag.gal 04/02/2026 00:01

Santiago, 4.2.2026.-   A TVG emite este mércores unha dobre entrega de ‘O amor está en Galicia’ (22:40 h), formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que conecta esta noite o interior e a costa galega a través de catro novas citas a cegas. Monforte de Lemos e Moaña serán os escenarios en que os participantes deberán enfrontarse ao seu pasado, ás súas expectativas e ás súas propias contradicións antes de tomar unha decisión final.

En Monforte de Lemos, Álex Rodríguez, informático de 51 anos, intenta abrir unha nova etapa sentimental fronte a Beatriz Vázquez, de 55 anos, que busca estabilidade e confianza. A diferenza de traxectorias e as circunstancias persoais de partida marcan unha cita en que nada está garantido.

Tamén en Monforte, Manuel Meilán, de 24 anos, adestrador de fútbol feminino e gandeiro, coñece a Rut Grande, de 26 anos, profesional do sector eólico. A intensidade das experiencias previas e as visións sobre o futuro poñen a proba a compatibilidade dunha parella que, sobre o papel, podería parecer improbable.

Na segunda parte da noite, o programa desprázase a Moaña. Alí, Rubén Pérez, de 27 anos, estudante de desenvolvemento de aplicacións web, comparte cita con Astrid Porto, de 31 anos, dependenta. Unidos pola súa paixón polos videoxogos e polos animais, abordan con franqueza cuestións como a bisexualidade, os límites na parella e o impacto das afeccións no día a día.

Pola súa parte, Gonzalo Fandiño, de 41 anos, empresario e deportista, coñece a Marta Vázquez, de 40 anos, celadora hospitalaria e nai solteira. O seu encontro está condicionado polas experiencias anteriores con grandes sorpresas.

Catro historias reais, dúas localizacións emblemáticas e un final intrigante. O dobre episodio deste mércores promete momentos de tensión, confesións inesperadas e decisións que poden cambiar o rumbo sentimental dos seus protagonistas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade