div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Dous novos tríos musicais compiten no 'Triángulos máxicos' desta noite

O equipo formado por Sheila Patricia, Fernando Hernández e Tamara Chamadoira enfróntase ao composto por Paula Puga, Eladio Santos e Tania Veiras

 

crtvg.gal 05/02/2025 00:01

Santiago, 05.02.2025.-   Na cuarta gala de ‘Triángulos máxicos’ (22:25 h), o programa da TVG fará unha viaxe de lecer a distintos destinos musicais. O xurado, ataviado con roupa de turista, escollerá o trío ao que lle entregará o pasaporte para viaxar á seguinte fase. 

Os tríos que compiten no programa de hoxe son os formados polos cantantes profesionais Sheila Patricia e Fernando Hernández, da orquestra París de Noia, e Tamara Chamadoira, que se enfrontarán ao composto por Paula Puga e os profesionais Eladio Santos e Tania Veiras

Un destes extraordinarios tríos validará esta noite o visado para viaxar á seguinte rolda de ‘Triángulos máxicos’. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade