div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

En 'O amor está en Galicia', os espectadores verán esta noite amores a primeira vista e decisións inesperadas

O programa (22:40 h) fai parada en Betanzos, que, con humor, música e a complicidade de Paco Lodeiro e Laura Boado, se encherá coas frechas de Cupido sobrevoando as catro citas de hoxe

csag.gal 25/02/2026 02:00

Santiago, 25.02.2026.-    ‘O amor está en Galicia’ fai parada este mércores na praza dos Irmáns García Naveira de Betanzos. A histórica vila converterase en escenario de catro citas moi distintas, pero coa mesa pregunta no aire: prenderá o amor?

No primeiro encontro, os espectadores da TVG coñecerán unha parella de testudos. Daniel Labarta, de 33 anos, que vive entre A Coruña e Pontedeume, chega disposto a volver crer no amor tras unha relación complexa. Fronte a el estará David Sánchez, de 31 anos, natural de Cervo, bisexual e viaxeiro incansable. Son dous caracteres fortes e unha química que pode encaixar... ou estoupar.

O programa mesturará paixón e proteína na segunda cita cunha ‘parella fitness’. Por un lado, Michelle Lago, unha cociñeira de 27 anos, natural de Carnota e residente en Santiago, espontánea e coa ilusión de casar, busca alguén aventureiro e comprometido. Polo outro, Noel Alves, un adestrador persoal de Vigo e opositor a policía nacional de 29 anos, di estar preparado para unha relación estable. Entre tortilla e confidencias, deberán comprobar se teñen algo máis en común que a rutina de ximnasio.

A continuación, na segunda entrega de ‘O amor está no aire’ gravada en Betanzos, con humor, música e a complicidade de Paco Lodeiro e Laura Boado como cupidos, a vila do Mandeo volverá encherse de frechas, nunha noite marcada polas decisións inesperadas.

Deste xeito, Ariadna Lorenzo, unha enxeñeira informática de Carballo de 37 anos, e Isa Méndez, militar destinada na Escola Naval da Graña de 40 anos, protagonizarán unha cita a cegas entre dúas mulleres bisexuais que buscan tranquilidade e estabilidade. Será esta a oportunidade de comezar algo novo?

A última historia de hoxe unirá a Gema López, de 27 anos, unha estudante e cocteleira da Coruña que leva cinco anos solteira e busca unha relación sa, e a Abel ‘Beluco’, un albanel de Sada de 30 anos, extravertido e decidido a atopar parella.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade