No Porto do Son, 'Galicia bonita' asume a reforma dunha propiedade sen espazos libres onde traballar - CSAG
No Porto do Son, 'Galicia bonita' asume a reforma dunha propiedade sen espazos libres onde traballar
Será un reto maiúsculo, aderezado por unha veciñanza demandante e un propietario con poucas ganas de axudar

Santiago, 22.9.2026.- ‘Galicia Bonita’ achégase este martes (22:50 h) ao Porto do Son, cuxa beleza natural contrasta, se se camiña un pouco ata o lugar da Carballa, coa escaseza de zonas verdes nas propiedades de Diana e Gorka, unha vivenda pintada cunha mestura imposible de ducias de cores, un pendello e un galiñeiro sen pintar na planta alta e unha minúscula xardineira en que rozan todos os coches.
O principal problema co que se atopará o equipo de reformas é que a parcela non ten ningún espazo libre onde traballar nin intervir. Así pois, será un reto maiúsculo, aderezado por unha veciñanza demandante e un propietario con poucas ganas de traballar.