div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Gran final de 'A liga dos cantantes extraordinarios', esta noite na TVG

Ángel, Yordanys, Iván, Kelly e Nere compiten polo título e a produción do seu primeiro sinxelo da man de Iago Pico
  
A participación do público e dos padriños será decisiva nunha gala chea de emoción, coa actuación especial de Yennia

csag.gal 05/08/2025 00:01

Santiago, 05.08.2025.-    Esta noite chega á TVG a gran final de ‘A liga dos cantantes extraordinarios’ (22:15 h), o talent show musical que busca recoñecer as voces con máis personalidade e talento do panorama galego. Tras semanas de competición, Ángel, Yordanys, Iván, Kelly e Nere enfróntanse por última vez no escenario para intentar facerse co desexado título de cantante extraordinario.

O outro valorado premio ao que aspiran é unha oportunidade única: a produción profesional do seu propio sinxelo, da man do recoñecido produtor Iago Pico. Para acadalo, os finalistas deberán superar as fases eliminatorias da noite, nas que os padriños e o público volverán ter un papel clave nas votacións.

A emoción da competición compartirá protagonismo coa música en directo, da que tamén gozarán da man de Yennia, concursante da segunda edición do programa, que interpretará o tema ‘María Soliña’ cunha vibrante posta en escena a ritmo de gaita.

Unha noite chea de talento, nervios e ilusión que pecha por todo o alto unha edición en que a música foi, unha vez máis, a gran protagonista.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade