div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Iziar, promesa do bádminton, e Hugo Casañas, récord mundial en lanzamentos, inauguran este domingo ‘Camiño ao podio’, novo espazo da TVG

Esta serie documental segue o esforzo, os soños e a preparación de dez bolseiros do Centro Galego de Tecnificación Deportiva chamados a ser os futuros deportistas galegos de elite 

csag.gal 27/06/2026 18:30

Santiago, 27.6.2026.-  Televisión de Galicia estrea este domingo á sobremesa ‘Camiño ao podio’, un novo espazo documental que se achega á historia de dez deportistas bolseiros do Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Ao longo das distintas entregas, o programa mostrará o esforzo, a disciplina e os soños de cinco rapazas e cinco rapaces que xa destacan en competicións estatais e internacionais e que aspiran a converterse nos grandes referentes do deporte galego nos próximos anos. Son os futuros deportistas galegos de elite. 

Na primeira edición, as cámaras acompañarán a Iziar, unha das grandes promesas do bádminton español. Natural da Estrada, unha localidade cunha fonda tradición neste deporte, a moza abrirá as portas da súa rutina diaria para amosar tanto as esixentes sesións de adestramento como momentos máis íntimos da súa preparación persoal e mental.

O programa tamén porá o foco en Hugo Casañas, especialista en lanzamento de peso e disco, que xa conseguiu bater marcas mundiais na súa categoría. Hugo adéstrase baixo a dirección do seu pai, Fran Casañas, olímpico en cinco ocasións.

Ademais, esta primeira entrega contará coa participación de Suso González, director do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, que explicará a filosofía de traballo dunha institución clave na formación das futuras xeracións de deportistas de elite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade