div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Karina, unha das voces máis emblemáticas da música española, e Zeus Montiel, fillo da gran Sara Montiel, convidados no 'Luar' deste venres

O programa (21:40 h) tamén ofrecerá as actuacións da actriz e cantante Tamara Pérez, da orquestra Horizon The Show e da Asociación Cultural Folclórica Tarambainas

csag.gal 05/06/2026 02:00

Santiago, 05.06.2026.-    O programa ‘Luar’ contará esta semana coa presenza da cantante Karina, unha das voces máis emblemáticas da música española durante as décadas dos 60 e 70, deixando unha pegada indeleble con cancións que se converteron en historia, éxitos inesquecibles que hoxe interpretará no escenario. 

O espazo presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar tamén recibirá a visita de Zeus Montiel, fillo da gran Sara Montiel. Criado no foco mediático, desde pequeno amosou un grande interese polo mundo do espectáculo e quixo dedicarse á música. En 2009 lanzou o seu primeiro disco e desde entón non deixou de traballar para conseguir o seu soño. Esta noite actuará a dúo coa recoñecida cantante mexicana Mariana Ochoa para presentar o seu tema ‘Atrévete otra vez’, en honor á súa nai.

Ademais, ‘Luar’ ofrecerá as actuacións da presentadora, actriz e cantante Tamara Pérez, da orquestra Horizon The Show e da Asociación Cultural Folclórica Tarambainas. O actor Pepo Suevos atreverase a cantar na sección ‘Playback’, e o ‘chapuzas’ Lalo Penelas, interpretado por Xosé A. Touriñán, regresa con novas intervencións por Galicia adiante.

Contra o final da velada chegará, coma sempre, unha nova entrega do concurso ‘Recantos’. Hoxe comeza a sexta fase coas actuacións de Uxía, representante da comarca Terras de Compostela, e Lamar, por Noia-Barbanza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade